Como dar de alta a luz e cambiar de titular, comercializadora ou potencia contratada

Como dar alta luz

Se pensas que facer xestións habituais coas comercializadoras eléctricas é complicado, neste artigo poderás ver que os pasos a seguir para dar de alta a luz, cambiar de titular ou modificar a potencia contratada son máis sinxelos do que cres.

¿Mercaches ou alugaches unha vivenda ou local recentemente? Nese caso, é moi probable precises dar de alta a luz ou facer un cambio de titularidade no contrato. No caso do alugueiro, tamén é posible que teñas interese en cambiar de compañía comercializadora de electricidade (podes facelo se o desexas).

Neste post explicamos que hai que facer para dar de alta a luz ou modificar a potencia contratada e cal é o custo destas xestións. Vemos, tamén, como facer un cambio do titular e/ou de comercializadora, dous trámites que non supoñen custo algún.

Como dar de alta a luz

Se na túa vivenda nunca houbo luz ou levas máis de 3 anos sen tela e agora queres que haxa subministración eléctrica, o primeiro que tes que facer é abrir un expediente de acometida coa distribuidora de luz da túa zona.

Se hai menos de tres anos que non tes luz, o expediente de acometida non é necesario. Neste caso, só terás que chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 para que xestionemos a túa alta de luz. A documentación básica que se solicita para dar de alta a luz é:

Se o que desexas é solicitar unha alta nova, é dicir, pedir a activación dun punto de subministración no que non hai luz,  ten en conta que é unha xestión que leva a cabo a compañía distribuidora a petición da comercializadora de electricidade que escollas. A documentación básica, que se solicita para dar de alta a luz é:

  • Boletín Eléctrico (ou Certificado de Instalación de Baixa Tensión) expedido por un electricista acreditado.
  • Fotocopia do DNI, Pasaporte NIE ou Certificado de Autónomos. (Se o novo punto de suministración eléctrica é para unha empresa precisarás unha fotocopia do CIF e indicar o cargo que ocupa a persoa solicitante).
  • CUPS de luz: se nesa vivenda ou local houbo luz algunha vez, podes enviarnos a dirección completa xunto coa documentación (váinola pedir a distribuidora) e nós atoparemos o CUPS fácilmente, enviarémoscho e poderás completar o proceso de alta. Se nunca houbo luz nese punto, o máis rápido é que contactes coa distribuidora eléctrica da zona para que cho facilite e lle envíes a documentación.
  • Conta bancaria da persoa titular para domiciliar os pagos.
  • Copia da escritura de propiedade ou do contrato de alugueiro (opcional).

Canto custa dar de alta un novo punto de subministración eléctrica?

Nós, que somos a compañía comercializadora, non cobramos nada pola alta, pero si que facturamos ao cliente os custos que cobra a compañía distribuidora, coñecidos como dereitos de acometida:

  • Dereitos de acceso: 19,703137 € por cada kW solicitado
  • Dereitos de extensión: 17,374714 € por cada kW solicitado. Este importe só ten que abonarse cando a instalación eléctrica non está realizada (en vivendas de obra nova ou ben se xa houbo subministración eléctrica pero pasaron máis de 3 anos desde que a houbo).
  • Dereitos de enganche e verificación: 9,044760 € por actuación.
  • Depósito de garantías:  Segundo o RD 198/2010, se a comercializadora opera no mercado eléctrico hai máis dun ano, como é o caso de XENERA, o depósito calcúlase dividindo a tarifa de acceso anual do cliente entre 365. A cantidade resultante multiplícase polos días do período de liquidación do contrato de acceso, que como máximo serán 30 días. Este importe págase como fianza, polo que se devolve no futuro, no momento de realizar a baixa do punto de subministración eléctrica coa distribuidora.

A estes custos, hai que engadirlles o IVE (Imposto sobre o Valor Engadido), salvo ao depósito de garantías (está exento). XENERA, como compañía comercializadora, factura todos estes custos salvo os dereitos de extensión, que adoita facturalos a compañía distribuidora. (Só no caso de que a compañía distribuidora non repercutise os dereitos de extensión é posible que a compañía comercializadora tamén si os facture).

Imos ver un exemplo para que o teñas máis claro. Se quixeses contratar un novo punto de subministración cunha potencia de 3,45kW nunha vivenda nova (ou na que hai máis de 3 anos que se deu a luz de baixa) os custos serían: Custos alta nova 3,45kW

Os dereitos de alta da luz páganse unha única vez á compañía distribuidora.

Cambio de comercializadora

Como dicíamos ao principio do post, no caso de que non esteas a mercar unha vivenda, senón que acabas de irte de alugueiro, probablemente che interese revisar con que comercializadora de electricidade está a subministración eléctrica e cambiala por outra que poda supoñer un aforro. O cambio de comercializadora eléctrica é unha xestión sinxela. É só un traspaso de datos dun punto de subministración eléctrica activo, que non se interrumpe en ningún momento.

Por exemplo, se desexas cambiar a XENERA Compañía Eléctrica podes facelo ti mesmo a través da nosa web xenera.com Para iso só tes que ter a man unha factura da túa actual comercializadora e localizar en ela o seguinte:

  • O teu código CUPS (Código Unificado de Punto de Suministro), que é unico e serve para identificar o teu punto de subministración. Comeza por ES e consta de 22 díxitos.
  • A túa tarifa eléctrica (pode ser 2.0A, 2.0DHA, 2.1A, 2.1DHA ou 3.1).
  • Os datos do punto de subministración e os teus datos de contacto.
  • O número de conta onde queres que se realicen os cargos.

Se prefires chamarnos e que realicemos nós a xestión, só tes que poñerte en contacto no teléfono gratuíto 900 600 116. Igualmente, é mellor que nos chames tendo a man unha factura actual e o teu número de conta para poder completar o proceso.

Xa ves que o cambio de comercializadora de luz e gas é sinxelo. En moitas ocasións non xestionamos os cambios de compañía por preguiza ou porque cremos que teremos que aportar moitos papeis. Non é o noso caso, así que por que non pasarte canto antes á tarifa A vaquiña polo que vale para a luz e/ou o gas e comezar a aforrar?

Cambio de titular

Para preparar o contrato a nome do novo titular, precisamos que se indiquen os seguintes datos:

  • Datos do punto de subministración: enderezo, código CUPS e número de contrato actual.
  • Datos do novo titular:
    • Nome completo do novo titular.
    • Razón social (se se trata dunha empresa).
    • Enderezo postal.
    • DNI, Pasaporte NIE ou CIF do novo titular.
    • Teléfono e enderezo electrónico do novo titular.
    • Número de conta onde quere que se carguen as facturas.
  • Indicarnos se quere recibir as facturas por correo postal ou colaborar co medio ambiente, recibíndoas por correo electrónico.
  • Data coa que se desexa o cambio de titularidade: pode elixir entre última lectura, data actual ou unha data posterior.

Con estos datos, nós elaboramos o novo contrato e enviámolo por correo postal ou electrónico, como prefiras. A continuación, terás que devolvérnolo firmado xunto coa fotocopia do DNI do titular, un recibo bancario que nos permita ter constancia do número de conta e un documento que xustifique o cambio de titularidade.

Modificar a potencia contratada

O axuste de potencia contratada pode supoñer un aforro, como xa vos comentábamos hai uns meses. En moitos casos tense unha potencia contratada superior á necesaria, o que inflúe no prezo das facturas da luz (podendo incluso facernos pasar dunha modalidade de tarifa a outra).

Se xa tes claro que queres cambiar de potencia contratada, imos ver canto custa: Por parte de XENERA, baixar a potencia non ten custo, pero a compañía distribuidora si cobrará aproximadamente 9,04 € + IVE en concepto de adaptacións técnicas.

Se, pola contra, o que se quere é subir a potencia contratada e o boletín eléctrico indica que a instalación soporta a potencia que se desexa contratar, ademais dos 9,04 € + IVE , tamén hai que pagar á compañía distribuidora os dereitos de extensión (17,37 € + IVE por kW solicitado) e os dereitos de acceso (19,70 € por cada kW solicitado). Na maioría de distribuidoras os de extensión manteranse durante 3 anos, polo que se se volve aumentar a potencia contratada nese prazo non hai que volvelos pagar. En cambio, os dereitos de acceso deberán abonarse sempre que se aumente a potencia contratada.

Algunhas distribuidoras tamén calculan a parte proporcional do depósito de garantías (que se paga nas altas novas) respecto á nova potencia, cobrando a diferencia entre o importe do depósito inicial e o actual.

No caso de que a instalación non soporte a potencia que se quere contratar, hai que realizar un novo boletín eléctrico contratando a un electricista acreditado.

Ten en conta que a distribuidora pode solicitar o boletín tanto para subidas como para baixadas de potencia, polo que debe estar vixente (a vixencia é de 20 anos).


Se tes algunha outra dúbida con respecto aos trámites habituais a realizar coa compañía comercializadora, contacta connosco e informámoste!

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14686 (10) { ["term_id"]=> int(178) ["name"]=> string(8) "alta luz" ["slug"]=> string(8) "alta-luz" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(178) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
alta luz
object(WP_Term)#14684 (10) { ["term_id"]=> int(179) ["name"]=> string(15) "cambiar titular" ["slug"]=> string(15) "cambiar-titular" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(179) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
cambiar titular
object(WP_Term)#14687 (10) { ["term_id"]=> int(352) ["name"]=> string(16) "comercializadora" ["slug"]=> string(19) "comercializadora-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(352) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
comercializadora
object(WP_Term)#14689 (10) { ["term_id"]=> int(239) ["name"]=> string(19) "potencia contratada" ["slug"]=> string(22) "potencia-contratada-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(239) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
potencia contratada

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *