Produto chave en man de XENERA para o autoconsumo

Contamos cun produto chave en man para encargarnos de tódolos pasos para o autoconsumo de enerxía eléctrica no teu fogar ou empresa.

Se queres que te chamemos para máis información ou formalizar un contrato de autoconsumo con XENERA, Apúntate aquí!

Informámosche sobre as axudas e subvencións dispoñibles na Comunidade de Galicia para a instalación de placas solares no teu fogar ou empresa.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA  AUTOCONSUMO EN GALICIA 

Chamámoste?

Lin e acepto o aviso legal e política de privacidade.

Se o prefires, chámanos.

886 660 616

de luns a xoves: 10-13h e 14-17h e venres: 10-13.30h

Que é o necesario para o autoconsumo en casa ou no teu negocio?

4 pasos para o autoconsumo
1. Explicámosche como é o sistema de compensación de enerxía coa túa instalación solar fotovoltaica

• Produción de enerxía.
• Consumo directo desde as placas.
• Consumo directo desde a rede habitual de distribución.
• Vertedura á rede e a súa compensación nas facturas de luz.

2. Realizamos unha estimación de custos e beneficios

Para iso, temos en conta a localización da vivenda ou local, as características da cuberta ou tellado (m2, inclinación, orientación…), a potencia contratada e o consumo de enerxía anual.

Con estes datos, elaboramos un estudo no que reflectimos o custo inicial da instalación, a baixada que suporá na factura, o tempo de recuperación do investimento e a rendibilidade con/sen financiamento.

3. Informámosche sobre o noso proceso para o autoconsumo e os prazos máximos

4. Un instalador experimentado visita a vivenda ou local e prepara un orzamento pechado