A vaquiña polo que vale gas

Tarifa de gas

Xa podes contratar A Vaquiña polo que vale para a túa subministración de gas! Coa nosa tarifa de electricidade A vaquiña polo que vale levamos anos revolucionando o mercado eléctrico, ao ofrecer a luz a prezo de custo (o mesmo ao que nós a mercamos no mercado maiorista).

 

Do mesmo xeito, puxemos en marcha a tarifa vaquiña para a subministración de gas. Con ela, podes ter:

O TERMO FIXO MÁIS BARATO

(Probablemente o mellor do mercado)

ASEQUIBLE TERMO VARIABLE

PREZO DO GAS A CUSTO DE MERCADOS MAIORISTAS

Ten en conta que hai conceptos que sempre inclúe a túa factura e que non teñen que ver coa tu compañía comercializadora: o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e o imposto sobre os hidrocarburos (0,00234€/kWh).

Tarifa gas RL.1

A tarifa RL.1 de gas é a máis barata para un consumo anual inferior a 5.000 kWh. Se tes unha vivenda na que non utilizas calefacción de gas, senón que só tes gas para a auga quente, esta é a túa tarifa!

Tarifa gas RL.2

Se na túa vivenda ou empresa se realiza un consumo anual superior aos 5.000 kWh e inferior a 15.000 kWh, esta é a opción que che corresponde. A tarifa RL.2 é a máis habitual en fogares que teñen a calefacción con caldeira de gas.

AS COUSAS CLARAS

Desde XENERA tratamos de aclarar ao máximo as nosas accións, de maneira que apostes por nós coa máxima tranquilidade. E o mesmo con respecto a facilitarche a mellor comprensión das túas facturas. É certo que o sector enerxético é moi complicado, pero por que complicalo aínda máis nas facturas? Así, en XENERA decidimos poñer nelas tanto O PREZO REAL DE CUSTO do gas como, nunha liña reservada para o prezo que cobramos ao mes polas nosas taxas.