A Vaquiña polo que vale | Tarifa de luz
Como galegos que somos, comezamos comercializando o noso produto de ENERXÍA A PREZO DE CUSTO en Galicia. A Vaquiña polo que vale é a marca coa que continuamos traballando os produtos de XENERA dentro da comunidade galega.
Coa nosa tarifa de luz A Vaquiña polo que vale cobramos o prezo da enerxía a custo de mercados maioristas. Compramos en varios mercados para conseguirche o mellor prezo en cada momento.
Tamén incluímos na factura os conceptos regulados comúns a todo consumo deste tipo, como son o custo do contador, o imposto eléctrico, o IVE…
Ademais de todo isto, en XENERA cobramos un “Custo de Xestión”, para facer fronte aos nosos custos de persoal, informática, atención ao cliente…
O Custo de Xestión de XENERA é de só 3 € ao mes para unha potencia contratada de ata 15 kW e un consumo eléctrico anual de ata 12.000 kWh, que é o que realizan a maior parte de domicilios e pequenas empresas.
Se tes ata 15 kW de potencia contratada, pero o teu consumo anual é superior a 12.000 kWh, o noso Custo de Xestión é:
>> Consumo ata 24.000 kWh/ano: 7 € ao mes.
>> Consumo ata 48.000 kWh/ano: 12 € ao mes.
Con isto obtéñense aforros considerables. Por exemplo, fronte a tarifas planas ou prezos fixos de Mercado Libre, dun 23% e un 16%, respectivamente.
Condicións válidas para o primeiro semestre de 2022. Impostos non incluídos.
As cousas claras
Desde XENERA tratamos de aclarar ao máximo as nosas accións, de maneira que apostes por nós coa máxima tranquilidade. O mesmo con respecto a facilitarche a mellor comprensión das túas facturas de luz e gas.
É certo que o sector eléctrico é moi complexo, pero por que complicalo aínda máis nas facturas? Así, en XENERA decidimos poñer nelas tanto O PREZO REAL DE CUSTO da enerxía como, nunha liña reservada para iso, os 3 € ao mes que cobramos polo servizo.