Que é o CUPS, onde localizalo e para que serve?

Código CUPS

Hai unha serie de termos de uso frecuente no sector da enerxía, cos que é interesante que tódolos usuarios estean familiarizados. Un deles é o código CUPS. Hoxe imos explicar que é o CUPS, onde podes localizalo e para que serve.

As siglas CUPS son as iniciais de Código Universal de Punto de Subministración. É un código único, que permite identificar un punto de subministración de enerxía (dunha vivenda ou negocio) en España. Falando claro, é como o NIF ou DNI da túa instalación de luz ou de gas natural. Comeza por ES, seguido doutros 18 ou 20 caracteres (que poden ser cifras ou letras).

Ademais, os CUPS de luz e gas son independentes. Se tes luz e gas contratados, a túa subministración de luz ten un código e a túa subministración de gas outro diferente.

O CUPS é un código permanente e invariable: non cambia por máis que haxa cambios de tarifa ou de compañía comercializadora. Iso si, non é un número asociado ás persoas. Se te cambias de casa, cambiarás de código e o que tiñas antes seguirá identificando á anterior vivenda.

Onde podo localizar o código CUPS?

Aparece, obrigatoriamente, tanto nas túas facturas de luz como nas de gas. Se es cliente/ao noso, tamén podes localizar o teu CUPS de luz e/ou gas na nosa área de clientes.

No caso de que esteas a tratar de realizar unha alta nova de luz ou gas nunha vivenda ou local onde nunca houbo subministración de enerxía, como non tes ningunha factura, para saber cal é o teu código CUPS terás que solicitalo directamente á distribuidora de luz ou gas da túa zona.

Para que serve este código?

Este código é preciso para identificar unha subministración ante compañías distribuidoras, comercializadoras, a administración pública…

É necesario facilitar o código CUPS para realizar xestións tan habituais como:

• Dar de alta a electricidade e o gas natural nunha vivenda ou local.
• Cambiarte dunha compañía comercializadora de luz e/ou gas a outra.
• Modificar a potencia contratada.

Aínda que para outras xestións non é imprescindible, recomendamos telo a man, xa que pode axilizar algúns trámites.


Cóntanos, xa sabías que toda vivenda ou negocio ten un código CUPS e onde podías localizalo?

 

Comparte:
CATEGORÍAS: gas natural luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14683 (10) { ["term_id"]=> int(345) ["name"]=> string(4) "CUPS" ["slug"]=> string(7) "cups-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(345) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
CUPS

Un comentario en “Que é o CUPS, onde localizalo e para que serve?

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *