Fixemos unha mellora na nosa Batería Virtual

Batería Virtual de XENERA

O mes pasado puxemos en marcha a batería virtual para que os nosos clientes de autoconsumo poidan sacar o máximo partido aos seus excedentes. Sen desperdiciar ou regalar nin un kWh!

Estamos a desenvolver optimizacións para estes novos servizos que ofrecemos, por iso agora fixemos unha mellora na forma de facturar a nosa batería virtual para autoconsumo de enerxía. Imos descontar o importe acumulado na batería tódolos meses, en lugar de facelo cada seis meses.

Deste xeito, descontaremos o acumulado na túa batería na factura de luz inmediatamente posterior a unha na que se teñan excedentes non compensables almacenados.

📌 Este cambio entra en vigor para as facturas emitidas a partir do 4 de maio de 2023.

batería virtual de Xenera

Poñamos un exemplo. Imaxina que tes un contrato de autoconsumo connosco, con batería virtual, e nunha factura que che emitimos no mes de febreiro almacénanse na túa batería 15 €. Xa non terás que esperar ao mes de xullo para que se che desconten eses cartos, senón que na factura de marzo xa se che aplica un desconto de -15 €.

Así de rápido para que notes os beneficios da batería canto antes e con frecuencia!

Innovamos para ofrecerche o mellor servizo
Seguiremos traballando para poder ofrecerche as mellores condicións en cada momento e que poidas velo de inmediato nas túas facturas, como sempre é a nosa prioridade.

Se queres información detallada sobre a nosa batería virtual pulsa no seguinte botón.

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14678 (10) { ["term_id"]=> int(397) ["name"]=> string(16) "batería virtual" ["slug"]=> string(18) "bateria-virtual-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(397) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
batería virtual

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *