As mellores praias de Galicia. Vota pola túa!

As praias galegas máis votadas

En Galicia temos máis de 700 praias, das cales máis de 360 están na provincia da Coruña, máis de 270 na de Pontevedra e supéranse as 60 na provincia de Lugo. Contamos con fermosos areais para tódolos gustos. Hai praias galegas salvaxes, urbanas, ventosas ou recollidas, de aguas bravas ou calmas, con máis ou menos calidade de auga, de area máis ou menos fina, calas recónditas…Iso si, a auga ben quentiña non a ides atopar en ningunha 😅

Hai uns anos que se vén empregando o termo Galifornia. Un xeito de poñer de manifesto que as praias da nosa comunidade non teñen nada que envexar ás de California, popular destino turístico de sol e praia nos Estados Unidos.

O ano pasado xa vos falamos das que, para nós, son as mellores praias de Galicia para cargarse de enerxía positiva. Este ano queremos coñecer a vosa opinión entre unha selección de 50 populares praias galegas para saber cales son as máis valoradas.

A continuación podedes votar polas praias galegas que máis vos gustan (ata 3 votos por persoa). Só tedes que marcala/s e ir ata o final do listado para PULSAR EN VOTAR. É posible que a vosa votación non apareza publicada ao instante.

Se hai unha praia que non está na lista e para vós é das mellores praias de Galicia sen dúbida algunha, podedes indicala ao final no campo Outra.

Grazas por participar e, se vos gusta a publicación, compartide!

Vota polas mellores praias de Galicia. As que máis che gustan:

(Máximo 3 votos)
2169 votos
Comparte:
CATEGORÍAS: Galicia
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14672 (10) { ["term_id"]=> int(217) ["name"]=> string(17) "praias de Galicia" ["slug"]=> string(17) "praias-de-galicia" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(217) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
praias de Galicia

21 comentarios en “As mellores praias de Galicia. Vota pola túa!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *