As mellores praias de Galicia para cargarte de enerxía positiva :-)

A costa de Galicia conta con centos de fermosas praias nas que poder descansar, gozar da paisaxe e cargarse de enerxía positiva. Entre tanta beleza, resultounos difícil escoller só cinco praias, pero cremos que este quinteto de destinos naturais é de visita obrigada, tanto se vives en Galicia como se estás de vacacións.

En Galicia hai máis de 700 praias: superan as 360 na provincia da Coruña, hai máis de 60 na provincia de Lugo e máis de 270 na de Pontevedra.

1. Praia de Rodas nas Illas Cíes (Pontevedra)

Por méritos propios ten que encabezar o listado a praia de Rodas, que forma parte do Parque das Illas Atlánticas, un auténtico paraíso natural. Xa hai uns anos que foi recoñecida como a mellor praia do mundo polo prestixioso diario británico The Guardian. Certo é que, salvo pola temperatura da auga, non ten nada que envexar ás praias do Caribe e o Mediterráneo. Rodas conta con máis dun quilómetro de longo e 60 metros de ancho. Un impresionante areal, con auga de cor turquesa e area fina e branca.

Praia de Rodas nas Illas Cíes

2. Praia de Carnota en Santa Comba (A Coruña)

Con 7 quilómetros de lonxitude, é a praia de maior tamaño de Galicia. En canto á anchura, con baixamar supera os 500 metros en algúns tramos. Esta praia é unha beleza de augas cristalinas e area fina e branca. Conta con diversas marismas e complexos dunares, que presentan unha gran variedade de flora endémica autóctona e de aves migratorias. Ten un incalculable valor ecolóxico e unha espectacular posta de sol.

É perfecta para dar un longo paseo pola beira do mar, gozando dunhas espléndidas vistas da ría de Corcubión e do Cabo Fisterra. Un lugar paradisíaco en plena Costa da Morte.

Praia de Carnota

Na praia de Carnota atópase un lugar moi fermoso, “A Boca do Río”, forma en que se denomina á desembocadura do río Vadebois na praia. Neste enclave podemos gozar dunhas privilexiadas vistas tanto ao Monte Pindo, incluído na Red Natura 2000, como á praia.

Esta praia foi calificada hai unha década como unha das cen mellores do mundo pola revista alemá Traum Strände.

3. Praia de Nerga en Cangas do Morrazo (Pontevedra)

Praia de Nerga

Imaxe de Turismo de Galicia

Situada a beiras da Ría de Vigo, Cangas do Morrazo é recoñecida en Galicia pola variedade, calidade e beleza das súas praias. Entre elas, atopamos a praia de Nerga, duns 700 metros de lonxitude e 30 de anchura media. Posúe fina area branca, ondada moderada e unhas magníficas vistas sobre as Illas Cíes.

Esta praia está situada dentro do Espazo Natural Protexido de Cabo Home, tamén dentro da Red Natura 2000, que está constituído polos acantilados da Costa da Vela e unha gran formación dunar, que agrupa as praias de Barra, Nerga, Viñó e Melide.

4. Praia das Catedrais en Ribadeo (Lugo)

A praia de Augas Santas, popularmente coñecida como praia das Catedrais, é unha auténtica obra de arte, situada na Mariña Lucense. Co paso do tempo, a forza do mar Cantábrico e do vento foron esculpindo nesta praia arcos, cúpulas e agullas de roca. O tamaño dos arcos supera en algúns casos os 30 metros de altura. Ademais de contemplalos, pódese pasar por debaixo deles e escoitar o espectacular son das olas rebotando contra estas formacións naturais de roca.

Praia das catedrais

Coñecida tamén como “a catedral do mar” é un dos lugares de visita obrigada en Galicia. Iso si, cómpre facelo coa marea baixa e, durante os meses de verán e en Semana Santa, requírese reserva previa para poder visitala.

5. Praia de A Frouxeira en Valdoviño (A Coruña)

Este areal pecha o aceso ao mar da lagoa da Frouxeira, un impresionante espazo ecolóxico protexido, que é refuxio de cría de aves. Con máis de 3 quilómetros de lonxitude e uns 80 metros de ancho, combina a zona semiurbana con outras menos concorridas que chegan ata o faro de A Frouxeira.

Praia da Frouxeira

Conta cun paseo marítimo que percorre parte da praia e da lagoa no lado de Valdoviño. Ten vistas ao mar aberto, polo que a ondada é forte e os ventos son constantes, o que a convirten nunha praia perfecta para a práctica do surf e outros deportes acuáticos.

Cóntanos, xa visitaches estas cinco praias? Cal é a túa praia favorita de Galicia?

Comparte:
CATEGORÍAS: Galicia
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14682 (10) { ["term_id"]=> int(259) ["name"]=> string(7) "Galicia" ["slug"]=> string(7) "galicia" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(259) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Galicia
object(WP_Term)#14683 (10) { ["term_id"]=> int(217) ["name"]=> string(17) "praias de Galicia" ["slug"]=> string(17) "praias-de-galicia" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(217) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
praias de Galicia

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *