Os nosos consellos polo día mundial do medioambiente

Hoxe, 5 de xuño é o Día Mundial do Medioambiente, e dende XENERA e A Vaquiña polo que Vale gustaríanos achegar o noso granito de area para que, entre todos, concienciémonos sobre a necesidade de protexer a nosa contorna. Para iso, propoñémosvos unha serie de accións para reducir a vosa pegada no planeta:

– Aforra enerxía: Xa sabemos que é algo repetitivo, pero é que realmente nos fogares e nas empresas adoitamos desaproveitar moita enerxía. Anteriormente deixámosvos neste mesmo blogue os nosos consellos de aforro enerxético. Un exemplo son os equipo en stand by, cando apagamos a tele dende o mando en lugar do botón de desconexión. Unha boa medida para equipos como televisores e computadores é ter unha regleta con botón de apagado.

– Non malgastes a auga: Un dos grandes problemas co que nos podemos atopar no futuro -nalgunhas zonas do planeta xa o sofren-, é a escaseza de auga, así que non está de máis poñer en práctica uns cantos trucos. Por exemplo, poñer un par de botellas baleiras dentro da cisterna permíteche aforrar de 2 a 4 litros cada vez que a utilices, non utilizar o inodoro coma se fose unha papeleira, darse duchas curtas en lugar de baños, encher ata arriba a lavadora ou o lavalouzas utilizando lavados longos e fríos no caso da lavadora, ou empregar difusores nas billas.

– Evitar o uso do do coche: Actualmente temos unha chea de alternativas ao automóbil. Para empezar, os nosos propios pés, camiñar é un exercicio moi saudable. Ademais, en cada vez máis cidades, a bicicleta está a gañar paso, xa hai servizos públicos e multitude de carrís bici. Trens, autobuses ou barcos, o transporte público é un medio de transporte moi sustentable e económico. E se non nos queda outra que usar o coche, sempre podemos tentar compartilo con outras persoas para ir ao traballo ou para viaxes longas, hai plataformas como BlaBlaCar que nos axudan a atopar compañeiros de viaxe.

– Recicla: Xa non hai escusa para non separar os envases, o vidro e o cartón do lixo orgánico. En todas partes abundan os colectores para reciclaxe. As pilas, as lámpadas ou o aceite usado contaminan moitísimo e tamén teñen colectores específicos en supermercados e establecementos relacionados. E se tes unha horta, unha compostera caseira axudarache a abonar a túa colleita e aforrarache uns cuantos viaxes ata o colector.

Cóntanos, ué fas ti para coidar do medioambente?

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14678 (10) { ["term_id"]=> int(231) ["name"]=> string(13) "medioambiente" ["slug"]=> string(13) "medioambiente" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(231) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
medioambiente

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *