Sorteo especial de experiencia para nen@s en Balaídos: Player Escort Kids

Experiencia Player Escort Kids

En XENERA Compañía Eléctrica, como patrocinador oficial do RC Celta, poñemos en marcha un sorteo de Experiencias Player Escort Kids para que nove nenos/as de 5 a 10 anos teñan unha vivencia inesquecible o domingo 27 de outubro en Abanca Balaídos.

Só poden rexistrarse no sorteo os clientes de XENERA Compañía Eléctrica (ou persoas maiores de idade que acrediten vivir no domicilio do titular do contrato), indicando os datos do menor que queren que participe na experiencia.

Se aínda non es cliente noso e queres acceder ao sorteo, podes contratar a nosa TARIFA BALÓN aquí: xenera.com/gl/rccelta.

En que consiste a Experiencia Player Escort Kids?

Os nen@s que resulten gañadores do sorteo vivirán unha experiencia única, que culminará accedendo ao terreo de xogo como Player Escort, acompañando ás súas estrelas de fútbol.

Horarios e actividades incluidas na experiencia:

 1. Punto de encontro na Porta VIP de Abanca Balaídos ás 10:25 horas.
 2. Acceso dos nen@s ao seu vestiario en zona túnel de xogadores, equipados con camiseta de XENERA (agasallo) e o RC Celta préstalles pantalón e medias oficiais.

Recoméndase que cada nen@ leve botas de fútbol e roupa de abrigo (se as condicións climatolóxicas o requiren).

 3. Visita perimetral (túnel, bancos, VAR…)

Ensaios, xogos co balón do partido e reportaxe fotográfica. Asistimos coa máxima proximidade ao quentamento do RC Celta.

 4. Ás 11:38 horas acceso novamente á bocana do túnel de vestiarios:

Momento de máxima emoción para os nen@s ao saudar a todos os xogadores de retirada do quentamento.

 5. Ás 11: 55 horas saída ao terreo de xogo cos xogadores en formación e fotos oficiais co 11 inicial do RC Celta.
 6. O encontro RC Celta – Real Sociedad da comezo ás 12:00 horas.

 Ás 12:10 horas levaráse aos nen@s ao vestiario Kids. Dáselles unha merenda e son levados a Tribuna Baixa, para visualizar o partido xunto coa persoa adulta que os acompaña.

 

Player Escort Kids XENERA e RC Celta
Comparte:
CATEGORÍAS: Tarifa Balón
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14670 (10) { ["term_id"]=> int(298) ["name"]=> string(8) "RC Celta" ["slug"]=> string(8) "rc-celta" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(298) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
RC Celta

2 comentarios en “Sorteo especial de experiencia para nen@s en Balaídos: Player Escort Kids

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *