Etiqueta enerxética dos electrodomésticos. Que nos explica?

Etiqueta enerxética para saber a eficiencia

Os electrodomésticos son os máximos responsables do consumo eléctrico do teu fogar. Ao redor dun 55% do gasto enerxético da túa vivenda provén deles. Por iso é importante que á hora de mercar un novo electrodoméstico no só te fixes no seu prezo, o seu deseño ou as súas funcións. Ten en conta a etiqueta enerxética dos electrodomésticos, tanto para o posterior aforro na túa factura da luz como para coidar o planeta, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro responsables do cambio climático.

Cada kWh consumido no domicilio supón, aproximadamente, a emisión de 500 gramos de CO2 á atmosfera.

Quen establece estas normas de etiquetado enerxético de electrodomésticos?

A encargada de establecer as normas de etiquetado enerxético é a Unión Europea. Todos os electrodomésticos que se vendan na UE deben contar coa súa correspondente etiqueta enerxética, obrigatoriamente.

O etiquetado enerxético revísase cada 4 anos, valorándose as posibles melloras, polo que co paso dos anos a información da etiqueta enerxética foi cambiando e seguirá a facelo.

As etiquetas enerxéticas comezaron a implantarse no ano 1995, aínda que unicamente en frigoríficos, conxeladores, lavadoras e lavalouzas. Co paso dos anos foron estendéndose a fornos, televisores, aparellos de aire acondicionado…

Que explica a etiqueta enerxética?

A etiqueta enerxética indica se os electrodomésticos son máis ou menos eficientes, sendo os clasificados como A os máis eficientes e os que menos CO2 emiten, mentres que os G son os de menor eficiencia enerxética.

A etiqueta enerxética actual, que comezará a cambiar a partir de finais do ano que vén, contempla sete clases enerxéticas: A+++, A++, A+, A, B, C e D.

Etiqueta enerxética actual
Sen embargo, hai un ano que está en vigor o novo regulamento europeo que afecta á clasificación da etiquetaxe enerxética dos aparellos consumidores de enerxía. Este regulamento recolle a escala da A á G (recuperando as clases E, F e G, que estaban presentes hai uns anos) e para simplificar prescinde das distincións +, ++ e +++ (que identifican o menor ou maior grao de eficiencia da categoría A). En definitiva, a nova etiqueta enerxética reflectirá sete clases de eficiencia: A, B, C, D, E, F e G, sen máis distintivos. Ademais, manterá o esquema de cores, do vermello (maior gasto) ó verde (máis aforro).

Este novo etiquetado non vaia saír ó mercado de forma inmediata. Non será ata finais de 2019 ou comezos do 2020 cando podamos comezar a ver estas novas etiquetas. Incluso, para produtos como secadoras, campás extractoras, aspiradoras, fornos ou aires acondicionados non será ata o 2021-2025 e poderemos esperar ata o ano 2030 para produtos de calefacción.

Todos os electrodomésticos deberán levar adherida esta etiqueta nunha parte visible (como xa sucede na actualidade) e poderemos obter máis detalles que antes, como poderían ser os códigos QR para comparar distintos electrodomésticos e orientarnos para tomar a decisión final de compra.

Ademais, para a maioría dos electrodomésticos, a etiqueta deberá indicar tamén o consumo de enerxía anual, co obxectivo de permitir ao usuario prever o impacto directo da súa elección sobre a súa factura da luz. Ten en conta que, se os teus electrodomésticos son moi eficientes, podes chegar a aforrar centos de euros ao ano na factura da luz.

Etiquetas enerxía actual e próxima

Cóntanos, xa estabas ao tanto do cambio de regulamento para o etiquetado enerxético?

Desde XENERA imos manterte informado da evolución dos cambios na etiqueta dos electrodomésticos. Esperamos que, se ata agora non prestabas atención á etiqueta enerxética, comeces a facelo desde xa para aforrar ao tempo que protexes o medio ambiente!

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14678 (10) { ["term_id"]=> int(216) ["name"]=> string(22) "eficiencia enerxética" ["slug"]=> string(21) "eficiencia-enerxetica" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(216) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
eficiencia enerxética
object(WP_Term)#14679 (10) { ["term_id"]=> int(240) ["name"]=> string(18) "electrodomésticos" ["slug"]=> string(20) "electrodomesticos-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(240) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
electrodomésticos

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *