Tarifas Móbiles Xenera Fiber
Tarifas Móbiles Xenera Fiber
tarifas mobiles

Tarifas Móbiles

Básica

Navega, pero con sentidiño

8,99
€/mesIVE incl.
Móbil con 12GB e chamadas ilimitadas.
Sen permanencia.
Máxima velocidade de navegación.
Chamámoste!

Plus

Chegar e encher

10,99
€/mesIVE incl.
Móbil con 20GB e chamadas ilimitadas.
Sen permanencia.
Máxima velocidade de navegación.
Chamámoste!

Max

Quedei coma un Pepe

15,99
€/mesIVE incl.
Móbil con 50GB e chamadas ilimitadas.
Sen permanencia.
Máxima velocidade de navegación.
Chamámoste!

Infinita

Quen ten cú, ten medo

25,99
€/mesIVE incl.
Móbil con GB ilimitados* e chamadas ilimitadas.
Sen permanencia.
Máxima velocidade de navegación.
Chamámoste!

MÁIS AFORRO NA CASA

Aforra con todos os nosos servizos nun único produto.

POR QUE CONTRATAR TARIFAS MÓBILES CON XENERA FIBER?

Sen límites

Todas as tarifas teñen chamadas ilimitadas a móbiles e fixos nacionais, para que non teñas de que preocuparte.

Ti decides

Elixe entre as nosas ofertas de tarifas móbiles a que mellor se adapte ás túas necesidades.

En confianza

Xestionamos o cambio da forma máis sinxela para ti e estamos á túa disposición para solucionar tódalas dúbidas que poidan xurdir.

AS TARIFAS CON MELLORES PREzOS e CONDICIóNS EN XENERA FIBER

En Xenera temos as tarifas móbiles perfectas segundo as túas necesidades, a uns prezos incribles, para falar e navegar todo o que queiras.

Elixe entre as nosas ofertas de tarifas móbiles 5GB, 20GB, 50GB  150GB e paga polo que necesitas. Terás a cantidade de datos que consideres con todos os datos de navegación para compartir as túas fotos, consultar as túas redes sociais ou descargar as túas apps preferidas.

Todas as tarifas móbiles contan coa mellor calidade e velocidade de navegación 4G.

Ademais, todas elas teñen chamadas ilimitadas tanto a fixos como a móbiles nacionais para que poidas chamar sen límites.

Se acabas cos datos da túa tarifa, seguirás navegando a menos velocidade, sen un custo adicional. E se queres seguir gozando da máxima velocidade de navegación 4G aproveita os bonos de datos extra de 500MB, 1GB, 3GB e 10GB.

"galiña vella fai bo caldo"

Galiña vella fai bo caldo, por iso en Xenera queremos trasladar a nosa filosofía de honestidade, atención ao cliente e prezos xustos ao sector das telecomunicacións. Con isto en mente, os de sempre creamos XENERA FIBER para seguir facendo o que mellor sabemos facer: pensar en ti

GÚSTANNOS AS COUSAS CLARAS:

En todos os servizos que ofrecemos (electricidade, gas e telefonía) tratamos de aclarar ao máximo as nosas accións, de maneira que apostes por nós coa máxima tranquilidade.

– Cremos nun mundo no que a túa compañía non chame para vender cousas que non necesitas. No que teñas un bo servizo a un prezo xusto. Por iso, en Xenera elixes o teu: a tarifa que mellor se adapte a ti.

– O noso servizo de atención ao cliente ofrece proximidade e empatía, só atendémosche persoas, de forma gratuíta, por teléfono, email e mediante as nosas redes sociais. Poñémoscho fácil, ti elixes como falar connosco.

– Somos honestos cos nosos clientes, ofrecéndolles sempre información clara, veraz e necesaria para a comercialización dos nosos servizos.

 

Prefires falar?

O noso equipo estará encantado de atenderte sen compromiso, é gratis!

Botón chamámoste