O inverno está á volta da esquina e xa é notable a baixada dos termómetros. Antes de que chegue o momento de acender a calefacción é fundamental revisar a caldeira e os radiadores. Ti mesmo/a podes facer estas comprobacións básicas que che explicamos.
Que podes facer para axustar a túa caldeira de gas?
Sigue estes 5 sinxelos pasos, que son moi útiles para axustar a túa caldeira de gas para o inverno.
1. Comproba que a caldeira está enchufada e a chave de paso aberta.
2. Nesta época, o selector de funcionamento ten que estar en modo calefacción/inverno.
3. Podes axustar a temperatura desexada para a auga e a vivenda (neste segundo caso, pon un valor superior á temperatura ambiente nese momento).
4. Revisa o manómetro ou indicador de presión. Ten que estar entre 1 e 1,5 bar (hai caldeiras que teñen unha zona verde, para indicar a franxa adecuada).
5. Se o indicador está por debaixo de 1 bar, localiza a chave de enchido que adoita estar na parte inferior da caldeira e xíraa no sentido contrario ao das agullas do reloxo, ata que o indicador estea entre 1 e 1,5 bar. O ideal é que tampouco excedas os 1,5 bares de presión!
Vídeo explicativo para elevar a presión da caldeira, xirando a chave de enchido.
Como purgar os radiadores para que quenten adecuadamente?
Purgar os radiadores antes de usalos permite eliminar o aire da tubaxe e o dos propios radiadores, co cal quentarán por completo, evitando que se produza un consumo enerxético maior do necesario.
1. Inicia o proceso coa caldeira apagada e os radiadores fríos. Comeza polo radiador que estea máis próximo á caldeira.
2. Colle un recipiente fondo (por exemplo un vaso), que poidas empregar para verter dentro auga do radiador e colócao debaixo da válvula ou chave para purgar o radiador.
3. Xira a válvula cunha chave de parafusos ou unha moeda*. Se sae aire, agarda ata que comece a saír auga de xeito fluído. Nese momento, pecha a válvula do radiador porque xa tes o radiador correctamente purgado!
*Hai modelos que teñen unha rosca, que se pode xirar a man. Nos modelos máis antigos pode precisarse unha chave especial, que podes adquirir nunha ferretería.
4. Tras purgar tódolos radiadores, revisa a presión de auga da caldeira para deixala entre 1 e 1,5 bares, xa que o normal é que diminuíra durante o proceso.
Sabes que existen purgadores automáticos? Pois si, un purgador automático é un dispositivo que pode instalarse nos radiadores e permite eliminar o aire acumulado neles, que pode afectar ao bo funcionamento do sistema de calefacción. Aínda que o purgado manual é o máis habitual, cada vez son máis as persoas que deciden apostar polos purgadores automáticos.
Cando é preciso purgar os radiadores?
Tódolos radiadores se deben purgar polo menos unha vez ao año. Hai 2 sinais evidentes que cho lembrarán:
- Se tes a calefacción posta e a parte superior do radiador está menos quente ou directamente fría.
- Cando escoitas ruídos, como burbullas, cada vez que o sistema se pon en marcha.
Ten en conta que, se non purgas os radiadores, a caldeira estará traballando en exceso para poder manter a temperatura que marcaches. Co cal, a casa quentará máis amodo e consumindo máis enerxía, que tamén repercutirá nun incremento innecesario da túa factura de gas. |
Ademais de seguir estes consellos, lembra que pola túa seguridade é importante que manteñas a túa caldeira de gas en excelentes condicións durante todo o ano. Para iso, non te esquezas de facer as revisións pertinentes. Permitiranche manter a túa instalación segura e previr avarías.
Servizo de Revisións Técnicas UnitGas de Xenera
En Xenera contamos co Servizo de Revisións Técnicas UnitGas. Con el realizamos as revisións anuais e a quinquenal obrigatoria da túa instalación de gas para que non teñas que preocuparte de nada. Ollo! Non é un servizo de avarías.
Que inclúe o servizo Unitgas?
Visita anual do servizo de mantemento para a revisión do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE)
Unha vez ao ano un técnico irá a revisar o estado da túa caldeira ou quentador e dos radiadores. Esta revisión permite manter segura a túa instalación e evitar avarías.
Inspección periódica quinquenal OBRIGATORIA
UnitGas inclúe esta inspección obrigatoria da túa instalación de gas, que ten que realizarse cada 5 anos, segundo a norma UNE 60670 (partes 12 e 13).
Todo isto por só 8 €/mes + IVE. O noso Servizo UnitGas está asociado a ter un contrato de subministración de gas con Xenera, polo que non se pode contratar de xeito independente (Prezo con IVE incluído: 9,68 €/mes).