Inspección Periódica Obrigatoria de gas: todo o que interesa saber sobre ela

Inspección

Esta inspección da instalación e os equipos de gas da túa vivenda e/ou comunidade realízase para comprobar que a instalación estea en bo estado e que non representa ningún risco para ti nin para os teus veciños. É obrigatorio realizala cada 5 anos (4 no País Vasco). Así se establece por Lei (R.D. 919/2006 ; R.D. 984/2015 e D. 18/2019).

Para iso se levan a cabo dúas inspeccións: unha sobre a instalación na vivenda (IRI) e outra sobre a instalación en zonas comúns (IRC).

A Instalación Receptora Individual (IRI) é a que se realiza desde o contador ata os aparellos de gas na vivenda. No caso de vivendas unifamiliares, a IRI comeza desde a chave de acometida, no exterior da vivenda.

En que consiste a inspección periódica obrigatoria de gas?

É unha revisión coa que se acredita que a instalación de gas e tódolos seus elementos son seguros e están nas condicións óptimas para o seu funcionamento.

A túa instalación de gas natural -tanto do interior da túa vivenda como da zona común do edificio- debe pasar obrigatoriamente esta inspección, coa finalidade de comprobar que cumpre cos requisitos técnicos e de seguridade.

Esta comprobación pódea realizar a empresa distribuidora de gas da túa zona ou unha empresa instaladora autorizada. A distribuidora de gas debe avisar -con tres meses de antelación- de que che corresponde pasar a inspección quinquenal obrigatoria. Neste aviso, tamén comunica a posibilidade de que sexan os seus técnicos os que a realicen ou ben que elixas a unha empresa instaladora de gas habilitada para realizar a inspección da túa instalación.

Ten en conta que, se coa túa comercializadora de gas contrataches un servizo adicional que inclúa esta inspección (como o servizo UnitGas de Xenera*), serán os técnicos deste servizo os que se encarguen de realizala. Sen custo adicional, xa que o pagas fraccionado en cada factura.

Revisións técnicas UnitGas de Xenera

*O noso servizo UnitGas, ademais da Inspección periódica quinquenal obrigatoria, tamén inclúe a visita anual do servizo de mantemento para realizar a revisión do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE). Trátase dunha revisión preventiva anual da instalación individual de gas natural, caldeira ou quentador, do circuíto xerador de auga quente sanitaria, e demais aparellos gasodomésticos.

Se tras recibir o aviso de inspección da distribuidora, o usuario/a non lle notifica que prefire que sexa unha empresa independente a que a realice, a distribuidora enviará unha comunicación propoñendo unha cita.

Que se valora nunha inspección periódica?

Os aspectos que se revisan son os seguintes:

  • A ausencia de fugas de gas natural na instalación.
  • A comprobación da tubaxe do gas natural (nas zonas visibles e accesibles).
  • Condicións de ventilación e a localización dos contadores.
  • Os condutos de evacuación de quentadores e caldeiras.
  • A conexión dos aparellos á instalación de gas natural.
  • Comprobación da combustión de quentadores, caldeiras e vitrocerámicas de gas natural.
  • As condicións de funcionamento dos aparellos que funcionan con gas natural.

As comprobacións realízanse de acordo cos procedementos descritos nas normas UNE 60670-12, UNE 60670-13 e UNE 60620-6.

Cales son os posibles resultados da inspección periódica

 

verificación Satisfactorio. A túa instalación non presenta anomalías e superouse con éxito a inspección. O técnico entregarache o Certificado de Inspección Periódica.
 
no Non satisfactorio. Detectáronse  anomalías (principais ou secundarias) que hai que corrixir. O técnico entregará un xustificante de corrección de anomalías, no que se detallan os defectos para corrixir.
 
persona ausente Ausente. Non se puido realizar a inspección e hai que concertar unha nova visita.

No caso de atopar anomalías ou fallos na instalación, o informe será desfavorable. Segundo a gravidade das incidencias atopadas, tomaranse diferentes medidas. As anomalías nas instalacións clasifícanse en:

  • Moi graves: supoñen perigo para a seguridade das persoas ou o medio ambiente.
  • Graves: non supoñen perigo inmediato, pero impiden a utilización normal da instalación. A acumulación de anomalías leves tamén pode ser tomada como un defecto grave.
  • Leves: non impiden o correcto funcionamento da instalación.

Cando os defectos son leves, o usuario ten 15 días para corrixilos e solicitar unha nova inspección. Se se trata de anomalías graves ou moi graves, o revisor debe precintar a instalación de gas ata que se corrixan os fallos e se emita un novo certificado favorable.

Cando e como se paga?

 

factura de gas. Inspección periódica obligatoria de gas Non deberás pagar nada durante a visita do técnico que vai facer a inspección da instalación de gas canalizado. O custo desta inspección sempre se fai chegar a través da túa factura de gas, que emite a comercializadora  coa que tes o contrato. Nunca se paga en metálico!

Se es cliente de Xenera e tes contratado o noso servizo adicional UnitGas cóbraseche en cada factura de gas o importe correspondente (sen un custo adicional no momento en que se realiza a revisión). En cambio, se non tes contratado UnitGas e son os técnicos da distribuidora os que realizan a inspección, cobraráseche na factura de gas que se emita trala inspección.

Este importe pódese desagregar en dúas liñas na túa factura do gas, diferenciando os gastos de xestión da inspección IRI e o importe da inspección realizada polo técnico.

Que sucede se non se realiza esta inspección?

No caso de que non se logre realizar por impedimento do usuario, a distribuidora de gas está obrigada a comunicalo ás autoridades, podendo chegar a suspenderse a subministración de gas na vivenda ata nova orde.


Coméntanos, quedouche algunha dúbida respecto a esta inspección periódica obrigatoria?

 

 

Comparte:
CATEGORÍAS: gas natural
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14684 (10) { ["term_id"]=> int(359) ["name"]=> string(14) "factura de gas" ["slug"]=> string(14) "factura-de-gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(359) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
factura de gas
object(WP_Term)#14682 (10) { ["term_id"]=> int(349) ["name"]=> string(3) "gas" ["slug"]=> string(3) "gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(349) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
gas
object(WP_Term)#14685 (10) { ["term_id"]=> int(360) ["name"]=> string(15) "gasodomésticos" ["slug"]=> string(17) "gasodomesticos-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(360) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
gasodomésticos
object(WP_Term)#14687 (10) { ["term_id"]=> int(350) ["name"]=> string(7) "UnitGas" ["slug"]=> string(10) "unitgas-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(350) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
UnitGas

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *