Posiblemente estes días vistes nos medios que o IVE da luz sobe do 10% ao 21% no mes de marzo. É certo, pero este cambio non inflúe por igual aos clientes de todas as compañías eléctricas. De feito, os nosos clientes non só NON van notar ese incremento, senón que se estima que van pagar un 7% menos na súa próxima factura de luz con IVE do 21%, grazas ás nosas tarifas a mercados maioristas como A Vaquiña contigo. Explicámosvolo en detalle.
Por que ata agora estaba a aplicarse un IVE reducido nas facturas de luz?
Desde a crise enerxética de 2021 o Goberno decidiu aplicar un IVE reducido ás facturas de luz de fogares e pemes** para paliar os efectos do elevado prezo de enerxía. Por iso, na actualidade estábase aplicando un IVE reducido de luz do 10%.
Non obstante, esta redución de IVE estaba condicionada a que o prezo de enerxía en OMIE (Operador del Mercado Ibérico de Energía) estivese por encima de 45 €/MWh. Aquí está o quid da cuestión. O pasado mes de febreiro a luz pechou por baixo de 45 €/MWh, provocando unha subida do IVE ao 21% para as facturas de luz do mes de marzo.
Este cambio de IVE é obrigatorio por lei (Real Decreto-lei 8/2023).
Tódalas compañías eléctricas temos que aplicar o IVE ao 21% nas facturas de luz que inclúan días de consumo eléctrico do mes de marzo.
Aforro do 7% nas facturas de luz de XENERA
Explicámosvos en cifras como vai influír aos nosos clientes esta subida do IVE da luz.
O noso cliente medio consome 215 kWh ao mes e ten unha potencia contratada de 3,98 kW. Para este cliente medio, o cambio do IVE ao 21% non vai implicar unha subida do importe total das súas facturas, senón ao contrario. Pasará a pagar un 7% menos nas facturas de luz con IVE do 21%, con respecto ás facturadas con IVE do 10%.
Como é posible?
Os nosos clientes teñen tarifas de luz a prezos de mercados maioristas, polo que ao baixar o prezo de enerxía nos mercados de forma moi significativa e por debaixo dos 45 €/MWh, benefícianse de forma directa desta baixada. Así, esta baixada dos prezos de mercado non só compensa que o IVE suba ao 21%, senón que logra que o total da factura dos nosos clientes vaia ser máis barata.É dicir, que o mesmo mecanismo que fai que suba o IVE, permite aos clientes de XENERA baixar a factura da luz. A Vaquiña polo que vale!
Como sempre dicimos, ter unha tarifa de luz co prezo de enerxía dos mercados maioristas -como A Vaquiña- supón un importante aforro anual fronte a moitas tarifas fixas de compañías eléctricas do mercado libre. Os consumidores que teñan este tipo de tarifas si que notarán a subida de IVE, cun aumento do 11% no importe das súas facturas de luz.
O cambio de IVE ao 21% vai ser permanente?
A resposta é NON. Se o prezo de enerxía en OMIE volve superar os 45 €/MWh este ano, volverase aplicar o IVE reducido do 10% nas facturas de luz**.
Tes algunha dúbida?
Se non che quedou claro como vai influír a baixada do prezo de enerxía ou o cambio de IVE nas túas próximas facturas de luz, contacta connosco e explicámoscho en detalle:
ATENCIÓN AO CLIENTE DE XENERA:
Teléfono 886 313 056
WhatsApp 744 65 26 72
e-mail info@xenera.com
*Clientes con produtos a mercados maioristas como A Vaquiña contigo.
**IVE reducido aplicable a subministracións con potencia contratada inferior a 10 kW.