Se tes placas solares na túa vivenda ou negocio, agora podes sacarlle o máximo partido con Xenerxía, o produto de autoconsumo solar de Xenera. Xera e consome a túa propia enerxía connosco!
En que consiste Xenerxía?
Xenerxía é o noso produto para o autoconsumo de enerxía mediante placas solares fotovoltaicas, con compensación de excedentes e Batería Virtual GRATIS!
Con Xenerxía consegues o máximo aforro nas túas facturas de luz, principalmente por 3 motivos:
1. Compensámosche a enerxía sobrante (que non consumes) das túas placas solares mes a mes, en cada factura de luz.
A enerxía para compensar pagámoscha a PREZO OMIE* e descontamos só 0,0004 €/kWh, que é o que custa xestionar a enerxía excedentaria.
2. Activamos GRATIS a Batería Virtual ao contratar o noso produto de autoconsumo, sen instalacións técnicas nin gastos adicionais. Con ela aproveitas ao máximo a enerxía que producen os teus paneis solares, podendo conseguir que as túas facturas sexan de 0 €.
3. A vaquiña polo que vale! Grazas a nosas vantaxosas tarifas de luz, poderás rendibilizar ao máximo o teu investimento solar.
Gustaríache instalar placas solares?
Se aínda non tes placas solares e queres solicitar un orzamento personalizado, podes chamarnos ao 886 660 616 ou indicar aquí os teus datos e poñémonos en contacto contigo. Co noso produto chave en man de Xenerxía, encargámonos de todo o necesario para o autoconsumo de enerxía na túa vivenda ou negocio en 4 sinxelos pasos.
*É o correspondente ao prezo do mercado diario de OMIE multiplicado pola media dos perfís zonais horario de produción para as instalacións fotovoltaicas, definidos no Real Decreto 413/2014 e agregado por período horario tarifario.