Fibra e fixo
Fibra e fixo

Tarifas FIBRA E FIXO

Básica

Navega, pero con sentidiño

33,99
€/mesIVE incl.
Fibra óptica simétrica 300 MBps.
Fixo con chamadas ilimitadas a fixo e 60 min a móbiles.
Chamámoste!

Plus

Chegar e encher

43,99
€/mesIVE incl.
Fibra óptica simétrica 600MBps.
Fixo con chamadas ilimitadas a fixo e 60 min a móbiles.
Chamámoste!

Max

Quedei coma un Pepe

48,99
€/mesIVE incl.
Fibra óptica simétrica 1GBps.
Fixo con chamadas ilimitadas a fixo e 60 min a móbiles.
Chamámoste!

MÁIS AFORRO NA CASA

Todos os nosos servicios nun único produto.

POR QUe CONTRATAR TARIFAS DE FIBRA E FIXO CON XENERA?

fibra a toda velocidade

Ofrecémosche unha fibra moi rápida a nivel nacional para que poidas navegar desde a túa casa sen preocupacións.

Ti decides

Elixe entre as nosas ofertas de tarifas de fibra e fixo a que mellor se adapte ás túas necesidades.

En confianza

Xestionamos o cambio da forma máis sinxela para ti e estamos á túa disposición para solucionar tódalas dúbidas que poidan xurdir.

NAVEGA COMO QUEIRAS COAS NOSAS TARIFAS DE INTERNET NA CASA

En Xenera temos as tarifas fibra e fixo perfectas segundo as túas necesidades, a uns prezos incribles, para disfrutar de internet en calquera parte pero sobre todo na túa casa!

Escolle entre as nosas ofertas de tarifas fibra e fixo 300MB, 600MB e 1GB e paga polo que necesitas. 

En Xenera o tes fácil, por iso asumimos a instalación de todo o equipo necesario para que goces da túa fibra se quedas un ano connosco.

Ademais con estas tarifas tes chamadas ilimitadas desde o teu fixo a outros fixos nacionais. E tamén podes aproveitar 60 minutos todos os meses, para facer chamadas desde o teu fixo a teléfonos móbiles nacionais sen custo adicional.

tarifas fibra baratas

"galiña vella fai bo caldo"

Galiña vella fai bo caldo, por iso en Xenera queremos trasladar a nosa filosofía de honestidade, atención ao cliente e prezos xustos ao sector das telecomunicacións. Con isto en mente, os de sempre creamos XENERA FIBER para seguir facendo o que mellor sabemos facer: pensar en ti

GÚSTANNOS AS COUSAS CLARAS:

En todos os servizos que ofrecemos (electricidade, gas e telefonía) tratamos de aclarar ao máximo as nosas accións, de maneira que apostes por nós coa máxima tranquilidade.

– Cremos nun mundo no que a túa compañía non chame para vender cousas que non necesitas. No que teñas un bo servizo a un prezo xusto. Por iso, en Xenera elixes o teu: a tarifa que mellor se adapte a ti.

– O noso servizo de atención ao cliente ofrece proximidade e empatía, só atendémosche persoas, de forma gratuíta, por teléfono, email e mediante as nosas redes sociais. Poñémoscho fácil, ti elixes como falar connosco.

– Somos honestos cos nosos clientes, ofrecéndolles sempre información clara, veraz e necesaria para a comercialización dos nosos servizos.

 

Diálogo

PREFIRES FALAR?

O noso equipo estará encantado de atenderte sen compromiso, é gratis!

Botón chamámoste