É un código único que serve para identificar o punto de subministración. Cada casa ou empresa ten o seu.

Si, podes contratar, sempre que a túa vivenda ou empresa estea en España dentro da península.

Non, non se corta a luz en ningún momento. É un dereito do consumidor elixir o comercializador que lle cobra a luz e, como tal, está protexido polas leis vixentes. É como na telefonía, podes cambiar a Vodafone e a liña non se corta.

Si, pero necesitas cambiarte primeiro con XENERA e, unha vez que sexamos a túa eléctrica, podemos facer todos os cambios.

Nós facturamos exclusivamente a enerxía que realmente consumiches. A lectura desa enerxía faina por lei o distribuidor eléctrico da zona, que nola manda en ficheiros informáticos.

A lei obriga a toda España a cambiar os contadores a eses novos antes do 2019. A instalación está organizada xeograficamente, polo que non sei cando che vai tocar. Pode ser máis pronto ou máis tarde, pero en xaneiro de 2019 teralo instalado. Podes compralo en propiedade por un custo de arredor de 100 € ou que cho poñan gratis e che cobren un alugueiro de 83 céntimos ao mes. Eu aconséllote que o alugues, xa que se paga o contador en 10 anos e de aquí a alá son quen de querer cambialos outra vez. Estes contadores permiten ler o teu consumo ao instante e cortar a distancia.

En caso de avaría eléctrica pode chamarnos a nós. Temos un servizo de 24 horas que se encarga de mandar aos equipos de electricistas por toda Galicia a reparar as avarías da rede.

Somos os da VAQUIÑA POLO QUE VALE. Non nos viches no anuncio da tele? A VAQUIÑA é o que propoñemos: pagar a luz ou o gas a prezo de custo e mailo noso servizo. A empresa chámase XENERA, somos unha eléctrica galega con máis de 25.000 clientes e de máis de 120 anos.

Necesitarás ter a man unha factura de luz da túa subministración, así como un recibo bancario, para ter acceso a todos os datos necesarios a fin de contratar.

Chámanos ao número de teléfono gratuíto 900 600 116 ou contrata directamente a través da nosa web.