É un código único que serve para identificar o punto de subministración. Cada casa ou empresa ten o seu.

Somos os da Vaquiña polo que vale. Non nos viches no anuncio da tele?

A empresa chámase XENERA Compañía Eléctrica, principal comercializadora de luz e gas 100% galega, con máis de 55.000 clientes en toda a península e máis de 125 anos de historia.

Podes contratar os nosos servicios, sempre que a túa vivenda ou empresa estea en España dentro da península. Para iso, chama ao noso número de teléfono 886 313 056 ou realiza a contratación ti mesmo nesta web. Non debería levar máis de 3 minutos.

Para facer un cambio de compañía de luz e/ou gas a Xenera necesitarás ter a man unha factura recente da túa subministración, así como un recibo bancario. Deste xeito, terás acceso a tódolos datos necesarios a fin de contratar.

Non, non se corta a luz en ningún momento. É un dereito do consumidor elixir o comercializador que lle cobra a luz e, como tal, está protexido polas leis vixentes. É como na telefonía, podes cambiar de operador e a liña non se corta.

Claro que si. Se na túa vivenda  nunca houbo luz ou levas máis de 3 anos sen tela, o primeiro que tes que facer é abrir un expediente de acometida coa distribuidora de luz da túa zona. Podes ver aquí toda a información ao respecto.

Se hai menos de 3 anos que a vivenda está sen luz, só tes que chamar ao noso teléfono 886 313 056 para que xestionemos a alta nova. Imos pedirche o código CUPS da túa vivenda.

Aquí explicamos en detalle que hai que facer para unha alta nova de gas e canto custa. Se queres que xestionemos nós a túa alta de gas, chama ao noso teléfono 886 313 056.

Si, pero necesitas cambiarte primeiro a XENERA. Unha vez que sexamos a túa compañía eléctrica, podemos facer todos estes cambios.

Nós facturamos exclusivamente a enerxía que realmente consumiches. Por lei, encárgase das lecturas de contador a distribuidora de luz e de gas da zona, que nola envía para que podamos emitir as facturas dos nosos clientes/as.

En caso de avaría eléctrica, o responsable da rede de cables é a compañía distribuidora da túa zona. Podes atopar o seu teléfono gratuíto nesta web ou nas túas facturas.

Se contrataches o noso servizo de asistencia eléctrica e reparacións de electrodomésticos UnitElectric podes chamar ao teléfono 986 165 107 para comunicar unha avaría.

Se xa tes a luz ou o gas con XENERA, coa nosa Campaña AMIGUIÑOS podes acumular descontos nas túas facturas. Para iso, localiza o teu código de cliente e compárteo cos teus contactos. Recibirás 20€ de desconto por cada persoa que contrate con XENERA indicando o teu código. E ela tamén, claro.

Tódolos clientes de XENERA teñen un código de cliente en exclusiva, que está dispoñible nas facturas que emitimos e na área de clientes da nosa web.

Apostamos polas enerxías renovables. O grupo do que formamos parte dedícase á xeración de enerxía eólica, hidráulica e fotovoltaica: cada ano vertemos á rede uns 134 millóns de kWh de renovables.

Se queres realizar un pago dunha factura pendente, podes chamar ao noso teléfono 886 313 052 ou enviarnos un correo electrónico a cortes@xenera.com, indicándonos cando podemos poñernos en contacto contigo.

Podemos xestionar o pago dunha factura pendente no noso teléfono 886 313 052. Para iso, é necesario que sexas o titular da tarxeta de crédito coa que se vai a realizar o pago.

Tamén podes realizar o pago nun caixeiro automático ou na sucursal, despois de recibir no teu correo electrónico a nosa notificación para abonar unha factura pendente. Nesta notificación aparece un código de barras, que se pode utilizar nos lectores dos caixeiros automáticos o en “ventanilla”.