Corren tempos difíciles tanto para o comercio local como para a economía dos fogares. Agora son máis importantes que nunca as iniciativas que apoien o tecido empresarial galego e ás persoas traballadoras que forman parte del. É tamén o momento idóneo para promover o aforro das familias.
Por iso, en XENERA -a principal comercializadora de luz e gas 100% galega- chegamos a un acordo de colaboración coa Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), froito do que se pon en marcha a iniciativa Xuntos apoiamos o noso! O obxectivo é fomentar o comercio local de electrodomésticos e favorecer o aforro de luz e gas nos fogares galegos.
En XENERA temos preto de 125 anos de historia, máis de 40.000 clientes e contamos cun equipo e capital 100% galego. Fixémonos popularmente coñecidos polo aforro doméstico que conseguimos co noso produto estrela: A Vaquiña polo que vale. Con el, fomos quen de trasladar as vantaxes das tarifas para empresas a pequenos consumidores, ofrecendo aos fogares a enerxía a prezo de custo dos mercados maioristas por só 3€/mes.
Pola súa parte, ADEN agrupa a empresas de electrodomésticos coas marcas comerciais Cenor, STAR CENTER – MILAR Radio – Tiendas activa, DECORactiva, Connecta – MASTER CADENA, MASTER kitchen – TIEN 21, Confort, Euronics – expert -MILAR, Ivarte e Uniserco. Entre todas elas, supéranse os 600 establecementos en Galicia, que dan emprego a preto de 2.500 traballadores e traballadoras. |
Como poden os galegos/as beneficiarse da iniciativa Xuntos apoiamos o noso?
Os establecementos adheridos a ADEN que decidiron acollerse á iniciativa Xuntos apoiamos o noso! van ofrecer aos seus clientes un desconto en produtos do establecemento, así como unha oferta exclusiva ao cambiar a XENERA.
Os establecementos adheridos a ADEN, que participan nesta iniciativa son:
• Activa en Outes (A Coruña).
• Connecta en Toén (Ourense).
• Decoractiva en Ribeira (A Coruña).
• Expert de Monforte de Lemos (Lugo), Ourense (cidade), O Carballiño (Ourense) e Celanova (Ourense).
• Master Cadena en Carballo (A Coruña), Negreira (A Coruña), Padrón (A Coruña) e Pontevedra (cidade).
• Milar en Sarria (Lugo), Vilalba (Lugo), Ribadavia (Ourense), Verín (Ourense), Pontevedra (cidade), Cambados (Pontevedra) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
• Tien21 de A Coruña (cidade), A Estrada (Pontevedra), Lalín (Pontevedra) e Sanxenxo (Pontevedra).
Deste xeito, tanto XENERA como os establecementos ADEN adheridos, poñen o seu gran de area para tentar que os galegos aposten pola atención e os produtos de proximidade. É o momento de mercar nas tendas locais e de promover o aforro nas facturas de enerxía. Agora máis que nunca: Xuntos apoiamos o noso!
Hola, buenos días,, solo pregunto,tenéis alguna idea de las placas solares para viviendas particulares, y si se pueden instalar en Galicia, vivo en vieiro-lugo
Hola Josefina, buenos días
Sí, nosotros contamos con un producto llave en mano con el que podemos encargarnos de todos los pasos para el autoconsumo de energía en viviendas. Desde la instalación de placas solares fotovoltaicas hasta la compensación en las facturas de luz.
Si quieres que te informemos, puedes indicarnos tu nombre y teléfono aquí: https://xenera.com/autoconsumo
Gracias por el interés. Un saludo