XENERA co deporte galego: patrocinamos ao Tyde F.C.

TYDE F.C. Equipo sénior

O equipo sénior co logo da Sociedade Electricista de Tui (S.E.T.A.), Grupo XENERA.

Un club de fútbol con moita historia

TYDE F.C. fundouse hai máis de 90 anos -concretamente no ano 1926- como consecuencia da demanda da xente da localidade de Tui (Pontevedra) que quería practicar o deporte rei.

O club desenvolveu a súa actividade durante uns anos, ata o comezo da Guerra Civil española, que supuxo un parón na súa traxectoria. O club refundouse nos anos 50, continuando ata día de hoxe de maneira ininterrompida.

Logros do TYDE F. C.

Na historia do club figuran diferentes ascensos de categoría do equipo sénior, o máis recente este ano de Segunda a Primeira Autonómica.

TYDE F.C. celebra o ascenso

Celebración do ascenso.

Tamén houbo dous ascensos do equipo xuvenil á Liga Galega -o último deles hai tres anos- e algunha Copa gañada, principalmente polos equipos de categorías inferiores.

O maior logro deportivo do club foi o ascenso do equipo sénior no ano 1983 á Terceira División Nacional, coincidindo coa inauguración do actual campo Álvarez Durán. Ese ascenso trouxo consigo que o club chegase a competir nos principais campos de fútbol de Galicia, como Balaídos, Riazor, Anxo Carro, A Malata, Pasarón…

TYDE F.C. na actualidade

O club conta con 10 equipos, integrados na súa maioría por xogadores de Tui e as parroquias dos arredores. Tamén hai algúns membros dos pobos veciños máis próximos.

Os 10 equipos cos que conta TYDE F.C. -dos que forman parte un total de 165 xogadores– son: sénior, xuvenil, cadete, infantil, 2 alevíns, 2 benxamíns, prebenxamín e mini.

A dedicación dos xogadores é constante. Todos os equipos de fútbol 11 (sénior, xuvenil, cadete e infantil) adestran 3 días á semana, ademais de disputar o partido de Liga, mentres que os de fútbol 8 (alevín, benxamín, prebenxamín e mini) fano 2 días por semana, xunto co partido da fin de semana.

Á parte da competición de Liga, tamén se participa na Copa. Adóitase asistir (sobre todo en fútbol 8) a torneos que se celebran por toda a xeografía galega, en Illa de Arousa, Pobra do Caramiñal, Verín…Ademais, por sexto ano consecutivo, levouse un equipo alevín a un torneo en Versmold (Dortmund – Alemaña).

Normalmente as competicións dos equipos fanse na provincia de Pontevedra, o que supón constantes desprazamentos dos equipos en categorías inferiores a localidades das comarcas de Baixo Miño, Condado Paradanta, Val Miñor, Redondela e Vigo. O primeiro equipo, en cambio, desprázase por toda a provincia.

Elías Vieiro é o actual presidente do club (desde hai 5 anos) e leva 28 anos formando parte da directiva. Asegura que o que lle move a desenvolver o seu traballo no club é ver a ilusión dos máis pequenos, como van crecendo e evolucionando a nivel persoal e deportivo, ata chegar ao primeiro equipo. Así mesmo, é gratificante ver como o sentimento e implicación co club vai pasando de xeración en xeración familiar, pois moitos dos fillos de xogadores que formaron parte de TYDE F. C. tamén se uniron ao club.

Elías confesa que é un reto complicado tentar cubrir cada ano as necesidades económicas do club e que hai que moverse moito para conseguir os obxectivos. Os ingresos principais proveñen dos socios e os patrocinios. Neste sentido, a colaboración continua de XENERA Compañía Eléctrica é esencial, xa que contribúe á sustentabilidade do club.

A pesar das dificultades, é un reto tentar que o club estea nunha boa posición e “represente a Tui” por toda Galicia durante tantos anos.

Así son os afeccionados do club

Afición TYDE F.C.
TYDE F. C. conta cunha afección local. Debido a que o club trata de ter unha política de canteira, con vistas a que o primeiro equipo teña o maior número de xogadores da casa, os afeccionados son na súa maioría familiares dos xogadores. Tamén hai socios “de toda a vida”, que seguen indo ver os partidos.

Ademais, durante as últimas tempadas notouse que hai máis xente seguindo ao primeiro equipo, despois de que hai dous anos se xogase a fase de ascenso e que a pasada tempada se lograse ascender.

Tarifa Balón. É redonda

Desde XENERA propuxémonos dar apoio a todos os clubs deportivos galegos, sen importar a súa modalidade e tamaño. Para iso, puxemos en marcha un tarifa de luz pioneira no patrocinio deportivo: a nosa Tarifa Balón.

Cada novo cliente de luz que contrata esta tarifa, ademais de contar cun prezo moi vantaxoso (que supón ata un 18% de aforro na factura da luz), obtén 20€ de desconto na primeira factura connosco.

E como apoiamos aos clubs? Cada cliente que contrata Tarifa Balón só ten que indicarnos a que club quere que patrocinemos e nós realizamos toda a xestión. O apoio a cada club será permanente (ano tras ano) se o cliente vinculado segue connosco.

Comparte:
CATEGORÍAS: patrocinios
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14677 (10) { ["term_id"]=> int(276) ["name"]=> string(8) "deportes" ["slug"]=> string(8) "deportes" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(276) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
deportes
object(WP_Term)#14675 (10) { ["term_id"]=> int(246) ["name"]=> string(11) "patrocinios" ["slug"]=> string(11) "patrocinios" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(246) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
patrocinios
object(WP_Term)#14678 (10) { ["term_id"]=> int(277) ["name"]=> string(13) "Tarifa Balón" ["slug"]=> string(15) "tarifa-balon-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(277) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Tarifa Balón
object(WP_Term)#14680 (10) { ["term_id"]=> int(306) ["name"]=> string(4) "TYDE" ["slug"]=> string(4) "tyde" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(306) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
TYDE

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *