XENERA merca a eléctrica extremeña SERFSA

XENERA merca a eléctrica extremeña SERFSA | A Vaquiña sale Barata

Desde XENERA continuamos co noso proceso de crecemento e expansión, polo que recentemente adquirimos a SERFSA, unha compañía eléctrica que desenvolve a súa actividade servindo enerxía eléctrica a 2.000 clientes, na súa maioría na provincia de Badaxoz, en Estremadura.

Por orixe e convicción, o noso mercado natural é Galicia. Con todo, calqueira consumidor de enerxía é o noso potencial cliente, polo que decidimos non poñerlle portas ao campo. Non é a primeira actuación neste sentido que facemos desde XENERA, posto que xa realizamos unha operación similar a finais de 2016 coa adquisición de El Progreso del Pirineo, que opera na provincia de Lleida, Cataluña.

En XENERA non nos resistimos a tentación de sondar o mercado nacional en busca de pequenas eléctricas que poidan verse afectadas pola complexidade do sistema eléctrico español. O noso  Director Comercial, Esteban Luís Sánchez, afirma que “O camiño que eliximos para crecer é de maneira segura e ofrecendo o mellor prezo cliente a cliente. A pesar diso estamos a ver como unha oportunidade as pequenas eléctricas que non resisten as presións do mercado. Ademais estas expansións permítennos dar a coñecer o noso produto fóra de Galicia”.

O noso obxectivo ao comprar esta compañía eléctrica estremeña, foi o de ampliar xeograficamente a nosa presenza e implementar sinerxias que permitan a ampliación do mercado obxectivo. É pois posible que pronto vexamos a simpática imaxe de A Vaquiña noutros lugares da xeografía española.

Comparte:
CATEGORÍAS: Xenera
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14685 (10) { ["term_id"]=> int(229) ["name"]=> string(17) "Ribera del Fresno" ["slug"]=> string(17) "ribera-del-fresno" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(229) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Ribera del Fresno
object(WP_Term)#14683 (10) { ["term_id"]=> int(251) ["name"]=> string(6) "SERFSA" ["slug"]=> string(9) "serfsa-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(251) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
SERFSA
object(WP_Term)#14687 (10) { ["term_id"]=> int(242) ["name"]=> string(6) "Xenera" ["slug"]=> string(6) "xenera" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(242) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(6) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Xenera

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *