Desde XENERA continuamos co noso proceso de crecemento e expansión, polo que recentemente adquirimos a SERFSA, unha compañía eléctrica que desenvolve a súa actividade servindo enerxía eléctrica a 2.000 clientes, na súa maioría na provincia de Badaxoz, en Estremadura.
Por orixe e convicción, o noso mercado natural é Galicia. Con todo, calqueira consumidor de enerxía é o noso potencial cliente, polo que decidimos non poñerlle portas ao campo. Non é a primeira actuación neste sentido que facemos desde XENERA, posto que xa realizamos unha operación similar a finais de 2016 coa adquisición de El Progreso del Pirineo, que opera na provincia de Lleida, Cataluña.
En XENERA non nos resistimos a tentación de sondar o mercado nacional en busca de pequenas eléctricas que poidan verse afectadas pola complexidade do sistema eléctrico español. O noso Director Comercial, Esteban Luís Sánchez, afirma que “O camiño que eliximos para crecer é de maneira segura e ofrecendo o mellor prezo cliente a cliente. A pesar diso estamos a ver como unha oportunidade as pequenas eléctricas que non resisten as presións do mercado. Ademais estas expansións permítennos dar a coñecer o noso produto fóra de Galicia”.
O noso obxectivo ao comprar esta compañía eléctrica estremeña, foi o de ampliar xeograficamente a nosa presenza e implementar sinerxias que permitan a ampliación do mercado obxectivo. É pois posible que pronto vexamos a simpática imaxe de A Vaquiña noutros lugares da xeografía española.