
XENERA PATROCINA LAND ROBER TUNAI SHOW
“A vaquiña” patrocina un ano máis o programa de entretemento máis visto en Galicia: Land Rober Tunai Show, cun vídeo sobre o autoconsumo.
Xenera, como empresa 100% galega non podía deixar de patrocinar, como levamos facendo desde 2015, o programa de humor por excelencia da Televisión Galega. Land Rober Tunai Show emítese os xoves ás 22h na Televisión de Galicia e repite os domingos ás 19:05h na mesma cadea.
O mes pasado, volveu ás pantallas o espazo televisivo presentado por Roberto Vilar un programa de dúas horas continuas de humor, convidados, música, comedia, colaboradores e coa participación directa do público no estudo. O programa conta cunha cota de pantalla (ou share) do 14,1% cun total de 100.000 espectadores, todo un éxito de audiencia. Converténdose así, no programa máis visto na franxa horaria de maior audiencia en Galicia.
O VÍDEO CO QUE PATROCINAMOS OS PROGRAMAS
Este ano, patrocinamos o programa cun anuncio sobre o noso novo produto para o autoconsumo. Aproveitamos este espazo para contar un pouco máis sobre o autoconsumo de enerxía. Grazas á instalación de paneis solares no teu fogar ou empresa, poderás producir a túa propia enerxía e aforrar ata un 60% na túa factura de luz. Xestionamos todos os pasos para o autoconsumo de enerxía eléctrica.
Ademais podes informarte sobre as axudas e subvencións dispoñibles na Comunidade de Galicia para que a instalación de placas solares sexa máis económica e poderá solicitalas calquera persona que quera instalalas na súa vivenda.
Se a estas alturas aínda non viches o vídeo aquí deixámoscho:
Cóntanos, es espectador de Land Rober Tunai Show? Viches o noso novo anuncio sobre o autoconsumo? Que che pareceu?