Xa podes ter o gas con XENERA!

Comercializadora de gas XENERA Compañía Eléctrica.

Agora XENERA Compañía Eléctrica, ademais de ser comercializadora de electricidade, tamén o é de gas.

Coa nosa tarifa de electricidade A vaquiña polo que vale xa revolucionamos o mercado eléctrico, ao ofrecer a enerxía a prezo de custo (prezo de enerxía a custo de mercados maioristas) por só 3€/mes de xestión. Do mesmo xeito, poñemos en marcha A vaquiña polo que vale para a subministración de gas: con ela, xa podes ter o gas co prezo sen marxe, cun termo fixo do máis barato (probablemente o mellor do mercado), por só 3€/mes de xestión.

Nos teus recibos de luz e gas, amiguiños si, pero A vaquiña polo que vale.

Que tarifas de gas ofrecemos?

Dependendo do consumo de gas que realices, terás a tarifa 3.1 ou 3.2.

Gas. Tarifas 3.1 e 3.2 de XENERA Compañía Eléctrica

Tarifa gas 3.1

A tarifa 3.1 de gas é a máis barata para un consumo anual inferior a 5.000 kWh. Se tes unha vivenda na que non utilizas calefacción de gas, senón que só tes gas para a auga quente, esta é a túa tarifa!

Tarifa gas 3.2

Se na túa vivenda ou empresa se realiza un consumo anual superior aos 5.000 kWh e inferior a 50.000 kWh, esta é a opción que che corresponde. A tarifa 3.2 é a recomendable para fogares que teñen a calefacción con caldeira de gas.

 

Servizo de mantemento de gas: UnitGas

UnitGas é o servizo de mantemento de gas de XENERA

Se o desexas, tamén podes contratar con XENERA o servizo de mantemento de gas, UnitGas. Este servizo é moi recomendable polas súas vantaxes, pero é opcional. Ti decides se queres telo contratado ou non.

Que inclúe UnitGas?

1. Visita anual do servizo de mantemento para realizar a revisión do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE)

  • O mantemento adecuado dos teus equipos de calefacción e agua quente é obrigatorio. Por iso, con UnitGas, unha vez ao ano un técnico acudirá ao teu domicilio para revisar o estado da túa caldeira ou quentador, así como dos radiadores.
  • Por seguridade e aforro. Esta revisión permite manter segura a túa instalación  e evitar posibles avarías, que podan ocasionar un aumento innecesario do teu consumo de gas.

2. Inspección periódica quinquenal obrigatoria

  • UnitGas tamén inclúe a Inspección Periódica Obrigatoria da instalación de  gas, que debe realizarse cada 5 anos, segundo a norma UNE 60670 (partes 12 e 13).

Se saber máis sobre as tarifas de gas de A vaquiña polo que vale ou sobre o servizo UnitGas, podes chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 ou contactar connosco a través da web. Lembrámoste que non só comercializadora de gas e luz en Galicia, senón tamén en toda España peninsular!

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14688 (10) { ["term_id"]=> int(317) ["name"]=> string(23) "comercializadora de gas" ["slug"]=> string(23) "comercializadora-de-gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(317) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
comercializadora de gas
object(WP_Term)#14686 (10) { ["term_id"]=> int(349) ["name"]=> string(3) "gas" ["slug"]=> string(3) "gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(349) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
gas
object(WP_Term)#14690 (10) { ["term_id"]=> int(350) ["name"]=> string(7) "UnitGas" ["slug"]=> string(10) "unitgas-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(350) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
UnitGas

6 comentarios en “Xa podes ter o gas con XENERA!

  1. Hola, bos días.
    Teño contratado a enerxia eléctrica con vos, e quería unha oferta polo gas, e comprobar se me sale mellor contrátalo tamen con vos.
    Un saudo.

    1. Ola Jorge, bo día
      Nuns minutos enviámosche un correo electrónico con máis información sobre a nosa tarifa de gas.
      Grazas polo interese en contratar tamén connosco o gas.
      Un saúdo.

    1. Ola Lourdes, bo día
      A revisión anual preventiva realízaa SGS, unha empresa especializada na realización destas inspeccións, que traballa connosco ofrecendo este servizo aos nosos clientes.
      No que respecta a revisión quinquenal obrigatoria, é realizada pola empresa responsable do teu contador de gas.
      Ao ter contratado connosco o servizo UnitGas, ambas revisións están cubertas, para que non teñas que pagar nada no momento en que se realizan.
      Un saúdo

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *