Agora XENERA Compañía Eléctrica, ademais de ser comercializadora de electricidade, tamén o é de gas.
Coa nosa tarifa de electricidade A vaquiña polo que vale xa revolucionamos o mercado eléctrico, ao ofrecer a enerxía a prezo de custo (prezo de enerxía a custo de mercados maioristas) por só 3€/mes de xestión. Do mesmo xeito, poñemos en marcha A vaquiña polo que vale para a subministración de gas: con ela, xa podes ter o gas co prezo sen marxe, cun termo fixo do máis barato (probablemente o mellor do mercado), por só 3€/mes de xestión.
Nos teus recibos de luz e gas, amiguiños si, pero A vaquiña polo que vale.
Que tarifas de gas ofrecemos?
Dependendo do consumo de gas que realices, terás a tarifa 3.1 ou 3.2.
Tarifa gas 3.1
A tarifa 3.1 de gas é a máis barata para un consumo anual inferior a 5.000 kWh. Se tes unha vivenda na que non utilizas calefacción de gas, senón que só tes gas para a auga quente, esta é a túa tarifa!
Tarifa gas 3.2
Se na túa vivenda ou empresa se realiza un consumo anual superior aos 5.000 kWh e inferior a 50.000 kWh, esta é a opción que che corresponde. A tarifa 3.2 é a recomendable para fogares que teñen a calefacción con caldeira de gas.
Servizo de mantemento de gas: UnitGas
Se o desexas, tamén podes contratar con XENERA o servizo de mantemento de gas, UnitGas. Este servizo é moi recomendable polas súas vantaxes, pero é opcional. Ti decides se queres telo contratado ou non.
Que inclúe UnitGas?
1. Visita anual do servizo de mantemento para realizar a revisión do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE)
- O mantemento adecuado dos teus equipos de calefacción e agua quente é obrigatorio. Por iso, con UnitGas, unha vez ao ano un técnico acudirá ao teu domicilio para revisar o estado da túa caldeira ou quentador, así como dos radiadores.
- Por seguridade e aforro. Esta revisión permite manter segura a túa instalación e evitar posibles avarías, que podan ocasionar un aumento innecesario do teu consumo de gas.
2. Inspección periódica quinquenal obrigatoria
- UnitGas tamén inclúe a Inspección Periódica Obrigatoria da instalación de gas, que debe realizarse cada 5 anos, segundo a norma UNE 60670 (partes 12 e 13).
Se saber máis sobre as tarifas de gas de A vaquiña polo que vale ou sobre o servizo UnitGas, podes chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 ou contactar connosco a través da web. Lembrámoste que non só comercializadora de gas e luz en Galicia, senón tamén en toda España peninsular!
Hola, bos días.
Teño contratado a enerxia eléctrica con vos, e quería unha oferta polo gas, e comprobar se me sale mellor contrátalo tamen con vos.
Un saudo.
Ola Jorge, bo día
Nuns minutos enviámosche un correo electrónico con máis información sobre a nosa tarifa de gas.
Grazas polo interese en contratar tamén connosco o gas.
Un saúdo.
Se teño contratado o UnitGas ¿que compañia se encarga da inspección periódica da instalación do gas?
Ola Lourdes, bo día
A revisión anual preventiva realízaa SGS, unha empresa especializada na realización destas inspeccións, que traballa connosco ofrecendo este servizo aos nosos clientes.
No que respecta a revisión quinquenal obrigatoria, é realizada pola empresa responsable do teu contador de gas.
Ao ter contratado connosco o servizo UnitGas, ambas revisións están cubertas, para que non teñas que pagar nada no momento en que se realizan.
Un saúdo