XENERA alcanza os 19.000 clientes e xa é a comercializadora galega máis importante

Tiña que suceder: XENERA ten empuxe e os números seguen. A eléctrica galega que se presentou en sociedade a través dun produto chamado “A Vaquiña polo que vale” é, a día de hoxe, a maior comercializadora eléctrica galega e segue crecendo. Son xa máis de 19.000 os clientes que contrataron a luz con eles.

Coidado, non se me boten encima, digo galega e isto exclúe a antiga GAS NATURAL FENOSA, agora NATURGY. Esta última, a gran dominadora (por inercia) do mercado xeográfico galaico, non é senón de capital catalán e por iso ten alí as súas sedes e paga alí os seus impostos.

Galega pois, XENERA presenta unha oferta innovadora e sinxela, e o mellor de todo: funciona.

Prezo de electricidade sen marxe para a compañía, a cambio de tres euros ao mes polo servizo. Este produto, aderezado coa imaxe tan clásica dunha vaca rubia, compoñen “A Vaquiña polo que vale” e parece que calou entre o público de todas as idades.

Son cautelosos desde a compañía cando se lles pregunta acerca do seu teito de crecemento.

Con todo, pola maneira en que moven as súas ideas e o esforzo investidor (anuncios en televisión, radio, valos, etc…), non parece que apunten baixo.

Así pois, seguindo a liña do propio nome do produto “A Vaquiña polo que vale”, declaramos “Ao César o que é do César”: a comercializadora galega máis importante é

…(retumban tambores)… XENERA.

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14850 (10) { ["term_id"]=> int(259) ["name"]=> string(7) "Galicia" ["slug"]=> string(7) "galicia" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(259) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Galicia
object(WP_Term)#14851 (10) { ["term_id"]=> int(242) ["name"]=> string(6) "Xenera" ["slug"]=> string(6) "xenera" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(242) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(6) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Xenera

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *