Tesla Gigafactory – Tesla lanzouse á producción de baterías para os seus coches

Tesla Gigafactory: o mega proxecto de Tesla para fabricar as baterías dos seus coches Elon Musk, CEO de Tesla, ten claro que necesita baixar o prezo dos seus coches para que sexa un producto masivo. Por iso se meteu neste mega proxecto.

O plan de Tesla é producir 1.5 millóns de coches ó ano. Sólo para producir 0.5 millóns necesitaría máis que toda a producción mundial de baterías de litio. Para romper esta limitación, Tesla lanzouse á produción de baterías para os seus coches. Pero non é este o único motivo: o productor de coches eléctricos necesita baixa-lo precio dos seus productos para conseguir que se vendan moito máis. Tesla estima que pode baixar o custo da batería nun 30% e deixalo en menos de 100 USD por kWh. Este é o
punto no que o coche eléctrico estaría á par dun coche que usa combustible fósil. A capacidade final da primeira factoría de Tesla (Gigafactory 1, en Reno – Nevada) sería de 150 GWh por ano e de ahí sairían as baterías para os 1.5 millóns de coches que quere producir cada ano.

Esta masiva fábrica será a de maior área do mundo cando se complete, no 2020. Xunto coa Gigafactory 1 xa se está a construir a Gigafactory 2. Neste caso trátase dunha fábrica para a construcción de células solares, cunha potencia total de 1 GWh. Esta fábrica resulta da compra dunha fábrica xa existente de células solares, SolarCity, en Búfalo, Nova York. O plan é que estea operativa no 2019.

Xa hai plans para unha terceira, cuarta e hasta quinta Gigafactory. A terceira parece que se quere situar en Europa, nun sitio aínda non definido. De tódolos xeitos, estas fábricas terán un alto grado de robotización e automatización. Para Musk é incluso máis importante a fábrica que o coche en sí, dado que dentro dos seus plans está chegar a ser “os mellores productores do mundo”.

Esto ten moito sentido cando se pensa que desas fábricas teñen que sair os millóns de coches eléctricos que conduciremos en moi poucos anos.

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14679 (10) { ["term_id"]=> int(75) ["name"]=> string(5) "tesla" ["slug"]=> string(8) "tesla-es" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(75) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
tesla

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *