Compensa a tarifa de luz con discriminación horaria?

discriminación horaria

É habitual que xurdan dúbidas á hora de contratar unha tarifa de luz ou outra. Unha das preguntas que formulades con máis frecuencia é: compénsame a discriminación horaria?. Para aclarar esta cuestión imos ver en que consiste esta tarifa e para quen é máis vantaxosa.

A tarifa de luz con discriminación horaria de dous períodos

Mentres que cunha tarifa sen discriminación horaria pagamos a enerxía ao mesmo prezo durante as 24 horas do día, coa tarifa con discriminación horaria o prezo dos quilowatts consumidos varía en función do momento do día en que se realiza o consumo.

Concretamente, divídese o día en dous períodos: o horario ou período punta (cun prezo do kWh máis elevado) e o horario ou período val (cun prezo realmente accesible).

Os horarios destes períodos varían en función da época do ano e son os mesmos para tódalas comercializadoras de electricidade:

  • Período Val: desde as 22 ás 12 horas co horario de outono-inverno (a partir do cambio de hora da última fin de semana de outubro) e desde as 23 ás 13 horas en primavera-verán (desde o cambio de hora da última fin de semana de marzo). Este período abarca un total de 14 horas diarias.
  • Período Punta: de 12 a 22 horas en outono-inverno e de 13 a 23 horas no horario de primavera-verán. É dicir, un total de 10 horas diarias.
Discriminación Horaria dous períodos.

 

 

Antigamente chamada tarifa nocturna, a tarifa con discriminación horaria pode ser unha forma de lograr un aforro significativo na factura da luz tanto para os máis noctámbulos como para os madrugadores. Segue lendo porque non só eles poderán aforrar con esta tarifa.

Con respecto ao prezo da enerxía nunha tarifa sen discriminación horaria, no período val, a enerxía é case un 50% máis barata, mentres que no período punta é case un 20% máis cara.

Así pois, con este tipo de tarifa desincentívase o consumo enerxético nas horas punta e incentívase nas horas val, ao rebaixar o seu custo.

Poñámonos técnicos…

Para subministracións cunha potencia contratada de menos de 10 kW, o nome “técnico” da tarifa de acceso con discriminación horaria será 2.0DHA e para os que teñan entre 10 e 15 kW de potencia contratada, a tarifa de acceso con discriminación horaria será 2.1DHA.

As tarifas con discriminación horaria de dous períodos pódeas contratar calquera consumidor/a cunha potencia contratada de ata 15 kW.

Calcúlase que actualmente en España sobre un 12,5% dos fogares teñen contratada unha tarifa deste tipo, mentres que no noso caso esta porcentaxe é superior. Dos nosos clientes con potencia contratada de ata 15 kW, o 61,34% contratou unha tarifa sen discriminación horaria e o 38,66% ten unha tarifa con discriminación horaria.

Canto tes que consumir no período val para que che interese esta tarifa?

Moitos usuarios cren que para que lles mereza a pena contratar unha tarifa con discriminación horaria, a maior parte do seu consumo debe realizarse ao final do día e que terán que cambiar de forma drástica os seus hábitos para notar un aforro con esta tarifa. Lonxe diso…

Elixe a tarifa de luz con discriminación horaria se, polo menos, un 30% do teu consumo eléctrico prodúcese no período val. É certo que, canto maior sexa o teu consumo na devandita franxa, máis notarás o aforro.

Así pois, é posible que esta tarifa che compense sen necesidade de modificar os teus hábitos.

Se actualmente tes unha tarifa sen discriminación horaria e, visto o visto, interésache cambiar, ten en conta que tanto con XENERA como con calquera outra comercializadora de electricidade, non se cobra por este cambio, pero si se repercute na factura o que cobra a empresa distribuidora: aproximadamente 9,04 € + IVE en concepto de adaptacións técnicas.

É un cambio que, polo xeral, faise efectivo ao pasar entre 3 e 5 días hábiles.

Empresas. Discriminación horaria de tres períodos: Tarifa 3.0A

Esta tarifa é para as subministracións que superan os 15 kW de potencia contratada, polo que o máis habitual é que a contraten as empresas.

Divídese o día en tres períodos: punta, chan e val. O período punta consta de 4 horas ao día, que son as máis caras. O chan é o que máis horas abarca, 12 horas en total. Mentres que o período val inclúe 8 horas diarias. Tamén varían ao longo do ano, como podes ver na seguinte táboa:

HORAS PUNTA

(Só 4 horas/día)

HORAS CHAN

(12 horas/día)

HORAS VAL 

(8 horas/día)

Primavera-verán 11-15 8-11

15-24

0-8
Outono-inverno 18-22 8-18

22-24

0-8

 

Consellos para aproveitar ao máximo a discriminación horaria nos domicilios

  1. Programa todos os electrodomésticos que poidas para o período val. Xa que o prezo dos quilowatts que se consomen neste horario é inferior, programa a lavadora, a secadora, o lavalouzas, etc. para esta franxa.
  2. Pon a cargar polas noites os electromésticos (como os robots de limpeza e aspiradores inalámbricos) e os aparellos electrónicos.
  3. Pasa o ferro a varias pezas á vez e, se é posible, faino nas horas val. Por exemplo, pola mañá durante a fin de semana. Acender o ferro para unha soa peza é unha forma de malgastar enerxía.
  4. Tenta preparar comidas ao final da noite ou pola mañá para non excederte no uso do forno e a placa durante o período punta.
  5. Se tes termo eléctrico para quentar a auga, ponlle un temporizador para que o faga pola noite e así poder ducharche á primeira hora da mañá, consumindo auga que se quentou no período val.
  6. Revisa a iluminación da túa vivenda para que sexa o máis eficiente posible. Xa non só coa tarifa con discriminación horaria, senón con calquera. Se todas as túas lámpadas son LED, reducirás o teu gasto en iluminación.
  7. Coidado co modo en repouso ou stand-by dalgúns electrodomésticos e dispositivos electrónicos. Para o aforro enerxético convén telo en conta, pero especialmente no período punta da tarifa de discriminación horaria.

Cóntanos, tes clara a tarifa que tes contratada? estás a dubidar se pasar ou non a unha tarifa con discriminación horaria?

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14687 (10) { ["term_id"]=> int(312) ["name"]=> string(6) "2.0DHA" ["slug"]=> string(8) "20dha-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(312) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(48) "Tarifa de luz con discriminación horaria 2.0DHA" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
2.0DHA
object(WP_Term)#14685 (10) { ["term_id"]=> int(313) ["name"]=> string(6) "2.1DHA" ["slug"]=> string(8) "21dha-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(313) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(98) "Tarifa de luz con discriminación horaria 2.1DHA (para potencias contratadas de entre 10 e 15 kW)." ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
2.1DHA
object(WP_Term)#14688 (10) { ["term_id"]=> int(183) ["name"]=> string(23) "discriminación horaria" ["slug"]=> string(22) "discriminacion-horaria" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(183) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
discriminación horaria
object(WP_Term)#14690 (10) { ["term_id"]=> int(236) ["name"]=> string(11) "tarifas luz" ["slug"]=> string(14) "tarifas-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(236) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
tarifas luz

2 comentarios en “Compensa a tarifa de luz con discriminación horaria?

  1. Ha estaria interesado en la discriminacion horaria. Tengo ahora mismo contratado 4.6w.
    Podriais decirme q precios tendria mensualmente. Ahora mismo estoy con gas natural fenosa. Mucjas gracias

    1. Hola Sebastian,

      Si quieres, indícanos tu teléfono aquí xenera.com/contactar y te llamamos para hacerte una comparativa personalizada de precios.

      Para que te hagas una idea, desde enero a mayo de este año el precio de la energía en tarifas 2.0DHA (con discriminación horaria) ha sido de 0,140054€/kW en período punta y 0,069137€/kW en período valle. Este mes de junio es bastante más bajo. Ten en cuenta que cobramos la energía a precio de coste (el mismo al que nosotros la compramos en el mercado mayorista) y sólo 3€/mes por la gestión. A mayores están el precio por tu potencia contratada (podemos revisar si es la que necesitas o puedes bajarla para ahorrar más) y los costes regulados (impuesto eléctrico, alquiler de contador, IVA…)

      Un saludo

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *