NOTICIAS XENERA

Tarifa eléctrica A Vaquiña polo que Vale

A vaquiña polo que vale

O noso prezo da enerxía é o custo de mercado maiorista, é dicir o mesmo prezo ao que nós a adquirimos, por só 3€ ao mes de xestión. Así é a tarifa da Vaquiña polo que Vale.

Coa tarifa da Vaquiña polo que vale, factúranse os conceptos obrigatorios cos seus custos oficiais, entre os cales destacan: Peaxes de distribución, aluguer do contador, imposto eléctrico e IVE. A maiores do anterior, facturamos os “custos de xestión”, cos que cubrimos a nosa pequena marxe e custos de persoal, sistemas, atención ao cliente… Os custos de xestión son de:
  • 3€ ao mes en caso de potencias contratadas inferiores a 10 kW (o 95% dos fogares).
  • 7€ ao mes en caso de potencias contratadas entre 10 e 15 kW.
  • 12€ ao mes en caso de potencias contratadas de máis de 15 kW.

O aforro que se obtén na enerxía é de un 16% con respecto aos prezos fixos de mercado libre e dun 23% con respecto ás tarifas planas. O noso prezo do termo de potencia é o mesmo que para o PVPC (Definido polo punto 2, artigo 7 do Real decreto 216/2014 publicado no Boletín Oficial do Estado).

Coa posta en marcha deste revolucionario produto, XENERA aspira a ser un referente en Galicia. Unha eléctrica de galegos para galegos, cun produto claro e transparente: enerxía a prezo de custo máis 3 euros ao mes por custos de xestión. Anunciamos oficialmente ao conxunto do mercado galego nosa nova iniciativa: A Vaquiña polo que vale. Trátase da mesma estratexia que traemos desde que en 2009 comezamos a vender enerxía, nun principio só a empresas galegas.

A nosa intención é ofrecer unha alternativa low cost de electricidade para os fogares galegos. A proposta é ofrecer enerxía aos consumidores a prezo do mercado maiorista máis tres euros ao mes (co fin de cubrir os custos da empresa, asociados a prestar o servizo, sistemas, persoal, atención ao cliente, etc…

Fai clic aquí e logo pulsa en chamámoste?. Indícanos o teu teléfono e poñerémonos en contacto contigo moi pronto!!

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14683 (10) { ["term_id"]=> int(252) ["name"]=> string(24) "A Vaquiña polo que Vale" ["slug"]=> string(26) "a-vaquina-polo-que-vale-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(252) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(71) "A vaquiña polo que vale é un produto de XENERA Compañía Eléctrica." ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
A Vaquiña polo que Vale
object(WP_Term)#14684 (10) { ["term_id"]=> int(236) ["name"]=> string(11) "tarifas luz" ["slug"]=> string(14) "tarifas-luz-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(236) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
tarifas luz

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *