Patrocinamos ao club de balonmán Acanor Atlético Novás

XENERA Compañía Eléctrica, patrocinador da S.D. Atlético Novás

Sumamos un novo club deportivo galego aos que xa estamos a patrocinar coa nosa Tarifa Balón! Trátase do Acanor Atlético Novás de balonmán, unha entidade deportiva de O Rosal (Pontevedra), que ten unha traxectoria de case medio século. Na actualidade conta cun equipo de balonmán masculino, que participa na Primeira División Nacional de Balonmán.

A pasada fin de semana xogaron en casa contra o Balonmano Torrelavega e alí estivemos para informar aos afeccionados das vantaxes que ofrecemos aos simpatizantes do Novás, que decidan ter a enerxía con XENERA:

  • Ata 18% de aforro co noso mellor prezo.
  • 20 euros de desconto na primeira factura de luz.
  • Patrocinio anual á S.D. Atlético Novás para que o club siga crecendo. Ademais, manteremos a colaboración co club ano tras ano, se os afeccionados seguen connosco.
Acanor Atlético Novás de Balonmán
Os rosaleiros no partido celebrado a pasada fin de semana no Municipal de O Rosal, ante preto de 1.000 afeccionados.

Grazas a esta tarifa, pioneira no apoio aos clubs  deportivos galegos, xa estamos a colaborar con máis de vinte entidades deportivas de diversas modalidades e tamaños.

Se eres seguidor/a dun club galego, queres aforrar nas túas facturas de luz e gas e apoiar ao teu equipo ao mesmo tempo, elixe Tarifa Balón. É redonda.

Comparte:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *