Nova normativa sobre tarifas de acceso de gas e cargos do sistema

Factura tarifa de acceso gas y cargos del sistema

O 1 de outubro de 2021 entra en vigor unha nova normativa sobre tarifas de acceso de gas (Circular 6/2020, de 22 de xullo, da CNMC), coa que se modifica como se calcula o seu importe.

Ademais, vaise determinar un novo custo na factura de gas, denominado cargos do sistema”, cuxo importe establecerá o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

calentador de gas y radiador

Por que se van producir estes cambios na factura de gas?

A finalidade é que a metodoloxía de cálculo da parte regulada da factura de gas quede axustada á normativa europea.

calentador de gas y radiador

Por que se van producir estes cambios na factura de gas?

A finalidade é que a metodoloxía de cálculo da parte regulada da factura de gas quede axustada á normativa europea.

As tarifas ou peaxes de acceso aplícanse tanto no termo fixo como no termo variable da túa factura de gas. A súa contía depende da tarifa que che corresponda, que se determina en función do teu consumo anual.

Cales son as tarifas de acceso de gas?
Ata 30/09/2021 A partir do 01/10/2021
Tarifa de acceso Consumo anual Tarifa de acceso Consumo anual
3.1 Ata 5.000 kWh RL.1 Ata 5.000 kWh
3.2 Ata 50.000 kWh RL.2 Ata 15.000 kWh
3.3 Ata 100.000 kWh RL.3 Ata 50.000 kWh
3.4 Máis de 100.000 kWh RL.4 Ata 300.000 kWh

Para clasificar as subministracións desde RL.1 a RL.4 terase en conta o consumo rexistrado entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021. En caso de ser unha nova subministración (alta posterior ao 1 de xullo de 2021), determinamos a tarifa de acceso en función do consumo previsto.

Cada ano revísase a tarifa de acceso dos puntos de subministración para axustar a peaxe ás variacións de consumo que se poidan producir. Por exemplo, se a partir do 1 de outubro tes unha tarifa RL.1 e, ao cabo dun ano, realizaches un consumo anual de 6.500 kWh, a distribuidora levará a cabo un axuste e aplicarache unha tarifa de acceso RL.2.

AFORRO NAS TÚAS FACTURAS DE GAS

verificación

Segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a aplicación destes cambios permitirá unha diminución dos custos regulados da factura gasista, con respecto ás peaxes vixentes.

Tes dúbidas sobre as novas tarifas de acceso de gas e cargos, que se aplicarán a partir do 1 de outubro?

Informámosche no noso teléfono gratuíto 900 600 116.

Comparte:
CATEGORÍAS: Xenera
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14856 (10) { ["term_id"]=> int(359) ["name"]=> string(14) "factura de gas" ["slug"]=> string(14) "factura-de-gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(359) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
factura de gas
object(WP_Term)#14857 (10) { ["term_id"]=> int(384) ["name"]=> string(11) "tarifas gas" ["slug"]=> string(11) "tarifas-gas" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(384) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
tarifas gas

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *