En Xenera seguimos avanzando no noso ambicioso plan de promoción e de expansión, en primeiro lugar, pola xeografía galega. Queremos achegar os nosos produtos ó maior número de persoas e que saiban das nosas tarifas e condicións.
Como xa moitos de vos sabedes, a nosa oferta consiste en ofrecer unha tarifa eléctrica ó mismo precio ó que adquirimos a enerxía no mercado maiorista. Únicamente engadimos costes de xestión de 3 euros ó mes e xa está.
A nosa empresa Xenera comenzou a finais do século XIX abrindo unha central hidroeléctrica para dar servicio a unhas poucas casas de Tui: as dos dous fundadores, a do alcalde e a do farmacéutico. Os comenzos non foron fáciles: algúns hasta pensaban que o leite das vacas se cortaría, tendo as liñas eléctricas tan cerca. Pero pasou o tempo e Xenera conta na actualidade con máis de 20.000 clientes que xa se benefician das nosas tarifas, e esta cifra sigue crecendo. O noso obxectivo é ser a primeira comercializadora de Galicia ¡e sendo 100% galega!
Entramos agora no outono e comenza unha temporada de maior gasto eléctrico. En Xenera querémosche botar unha man e sorteamos un ano de luz gratis entre tódolos participantes no noso concurso en Facebook da nosa marca comercial “A vaquiña polo que vale”.
Para participar no sorteo só tes que cubrir os poucos datos que pide o formulario que verás no post do noso Facebook entre o 6 de Novembro de 2017 e o 31 de Decembro de 2017, ambos inclusive.
O gañador escollerase ao azar o día 18 de Xaneiro de 2018 entre tódolos usuarios que participen no sorteo. Nós comunicarémonos con el por calqueira dos medios facilitados para participar no sorteo (teléfono, correo electrónico ou Facebook).
¡Moita sorte a todos!