En poucos anos só quedarán coches eléctricos

Un informe da UE asegura que en poucos anos só quedarán coches eléctricos.

A pregunta que queda por respostar é cando, porque o cambio xa se da por asegurado. “Os motores de combustión desaparecerán moito antes do que todos esperamos”, asegura a comisaria de Industria Elzbieta Bienkowska.

Estamos a empezar a ver unha revolución no sector do automóbil, similar á que supuxo o smartphone hai poucos anos. O informe da UE pon en alerta ós fabricantes e ás industrias auxiliares europeas, para que non se queden atrás respecto os USA e China nesta carreira. É importante reaccionar rápido para posicionarse nos grandes mercados de China e India.

De entrada a posición competitiva europea xa se deteriorou respecto á que tiña antes da crise (24% das ventas mundiais fronte ao 33%). Ademáis da crecente competencia china estanse a dar axudas por distintos gobernos para favorecer a producción local. É por iso que no informe non se descarta ter que recurrir a medidas proteccionistas para poder competir en igualdade de condicións.

É interesante observar o cambio que se ten producido no sector. O que estaba limitado a unha cuestión medioambiental despois do Acordo de París contra o cambio climático, que esixía unha reducción das emisións de gases con efecto invernadoiro nos países membro de entre un 80% e un 95% para 2050, pasa a ser agora unha cuestión de supervivencia. Basta considerar que, como apunta a comisaria de Industria, “se China introduce unha cota do 10% de vehículos eléctricos – como acaba de facer – os fabricantes europeos xa non se poden dedicar unicamente a mellorar os seus motores de combustión”.

Bruselas non quere introducir cotas nin prohibir tecnoloxías como o diésel, para non penalizar a quen teña comprado estes vehículos, pero os distintos países xa se encargan de facelo: Noruega e Holanda queren prohibilos completamente para o 2025, India no 2030. Francia e Reino Unido teñen o obxectivo de non vender coches que non sexan híbridos ou eléctricos no 2040.

E que está pasando agora en Europa? Pois que, segundo a comisaria, estamos como o ovo e a galiña. Non se venden máis coches eléctricos por falta de puntos de recarga, e ao revés. A comisaria Elzbieta Bienkowska ve necesario incentivar o sector eléctrico con subvencións públicas para romper esta situación.

O que está en xogo é importante: 12 millóns de europeos traballan na industria do automóbil ou auxiliar. No 2016 a UE foi o maior exportador de vehículos do mundo con ventas de 192,000 millóns de euros e un superávit comercial de 115,000 millóns. Perder esa posición afectaría grandemente á economía europea e sobre todo á súa locomotora, Alemania, responsable do 53% da producción da UE e de ¾ partes dese superávit.

Comparte:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *