Inaugurado o segundo maior parque eólico mariño do mundo en Holanda

Inaugurado o segundo maior parque eólico mariño do mundo en Holanda | A Vaquiña polo que Vale

O 8 de maio Holanda inaugurou en augas do Mar do Norte, o segundo maior parque eólico do mundo. Chámase parque Gemini, e trátase dun parque eólico mariño con 600 megavatios de capacidade, situado a 85 quilómetros da costa holandesa.

Segundo indicou Matthias Haag, CEO de Gemini,”construímos o parque eólico no tempo previsto, dentro do orzamento e dunha maneira segura. Agora Gemini produce 2,6 TWh de enerxía renovable e reduciu as emisións de CO2 en 1,25 millóns de toneladas. O parque creou entre 75 e 100 postos de traballo e vén facer unha importante contribución á sustentabilidade dos Países Baixos”.

Gémini consta de dúas partes, a primeira con 75 turbinas atópase ao norte de Ameland . A segunda parte, tamén con 75 turbinas, atópase a 55 quilómetros ao norte de Schiermonnikoog . As 150 turbinas eólicas son Siemens SWT-4.0, cada unha dispón dunha capacidade de 4 megavatios.

O proxecto, orzado en 2.800 millóns de euros, foi desenvolvido por un consorcio liderado pola compañía canadense independente de enerxía renovable Northland Power, e nel participan o fabricante de turbinas eólicas Siemens Wind Power, o contratista marítimo holandés Van Oord e a empresa de tratamento de residuos HVC.

Inicialmente esperábase que o parque estaría listo para 2015, pero non foi ata ese ano cando deu comezo a súa construción. A produción de electricidade iniciouse en febreiro de 2016 cando a primeira turbina conectouse á rede. Na primeira semana de decembro de 2016, as 150 turbinas comezaron a producir enerxía, e o proxecto está a pleno rendemento desde finais do pasado mes de abril.

A produción eléctrica do parque Gemini supoñerá aproximadamente o 13% da subministración total de enerxía renovable do país e ao redor do 25% da súa enerxía eólica.

Fuente: http://elperiodicodelaenergia.com/holanda-conecta-a-la-red-el-segundo-mayor-parque-eolico-marino-del-mundo/

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *