Hoxe é o Día Europeo da Rede Natura 2000

Rede Natura 2000

Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000. Unha ocasión para que a sociedade teña máis coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación.

Segundo Activa Rede Natura 2000, a pesar da importancia desta Rede, o 85% dos españois di non saber nada destes espazos. Do 15% restante, tan só o 8% recoñece que lle soa “algo”. Ademais, deste 15% un 10,5% non é capaz de citar un lugar pertencente á Rede Natura 2000.

Hoxe é un bo día para descubrir máis sobre ela.

Que é a Rede Natura 2000?

A Rede Natura 2000 é un conxunto de Espazos Naturais Protexidos, que se declararon para a conservación de determinadas especies e hábitats que viven neles.

Na actualidade está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo!.

A Rede Natura 2000 naceu no ano 1992 e inclúe dous tipos de figuras de protección, designados en virtude de dúas leis europeas:

  • A Directiva de Hábitats orixinou os LIC, Lugares de Importancia Comunitaria. Estes albergan tipos de hábitats naturais ou especies de singular valor que é necesario conservar. Os LIC pasan a chamarse ZEC, Zonas Especiais de Conservación, cando teñen aprobado os seus plans ou instrumentos de xestión e son declarados oficialmente polos Estados Membros da Unión Europea.
  • A Directiva de Aves deu lugar ás ZEPA, Zonas de Especial Protección para as Aves. Son lugares que albergan especies de aves silvestres, a conservar no ámbito da Unión Europea.

Tanto os LIC como as ZEPA poden ser zonas terrestres ou zonas mariñas, aínda que a rede mariña está moito menos desenvolta que a terrestre.

A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados. En España, o 30% do noso territorio forma parte da Rede Natura 2000, o que dá mostra da nosa gran riqueza en natureza e biodiversidade. Ademais, somos o país que máis superficie achega á rede, con máis de 1.800 espazos.

Podes contribuír á difusión deste día tan importante, cun doado xesto: Realiza unha foto facendo a bolboreta coas túas mans e súbea aquí ou compártea en redes sociais, co hashtag #natura2000day. O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo!

Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos

A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total de Galicia. Nela recóllense aqueles espazos naturais que dispoñen dun réxime especial de protección, que pode ser:

  • Reserva Natural
  • Parque Natural
  • Parque Nacional
  • Monumento Natural
  • Humidal Protexido
  • Paisaxe Protexida
  • Zona de Especial Conservación dos Valores Naturais ( ZEPVN). Decláranse deste xeito os espazos naturais da Rede Natura 2000, que non teñan outra figura de protección. Nestas zonas é posible a realización de usos e actividades tradicionais, sempre que non vulneren os valores protexidos. Distinguimos entre Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA):

Zonas Especiais de Conservación en Galicia:

 A Marronda
 Encoro de Abegondo-Cecebre
 Ría de Foz-Masma
 A Ramallosa
 Enseada de San Simón
 Río Anllóns
 As Catedrais
 Estaca de Bares
 Río Cabe
 Baixa Limia
 Esteiro do Tambre
 Río Eo
 Baixo Miño
 Fragas do Eume
 Río Landro
 Betanzos-Mandeo
 Gándaras de Budiño
 Río Lérez
 Bidueiral de Montederramo
 Illas Cíes
 Río Ouro
 Brañas de Xestoso
 Illas Estelas
 Río Tambre
 Cabo Udra
 Macizo Central
 Río Támega
 Canón do Sil
 Monte Aloia
 Río Tea
 Carballido
 Monte e Lagoa de Louro
 Serra da Enciña da Lastra
 Carnota-Monte Pindo
 Monte Faro
 Serra do Candán
 Complexo Húmido de Corrubedo
 Monte Maior
 Serra do Cando
 Complexo Ons-O Grove
 Negueira
 Serra do Careón
 Costa Ártabra
 Ortigueira-Mera
 Serra do Xistral
 Costa da Mariña Occidental
 Os Ancares-O Courel
 Sistema Fluvial Ulla-Deza
 Costa da Morte
 Parga-Ladra-Támoga
 Sobreirais do Arnego
 Costa da Vela
 Pena Maseira
 Veiga de Ponteliñares
 Costa de Dexo
 Pena Trevinca
 Xubia-Castro
 Cruzul-Agüeira
 Pena Veidosa

Zonas de Especial Protección para as Aves en Galicia:

 A Limia
 Costa da Morte (Norte)
 Ría de Foz
 Ancares
 Costa de Ferrolterra-Valdoviño
 Río de Ortigueira e Ladrido
 Baixa Limia-Serra do Xurés
 Esteiro do Miño
 Ribadeo
 Complexo intermareal Umia-O  Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira
 Illa de Ons
 Serra da Enciña da Lastra
 Complexo Litoral de Corrubedo
 Illas Cíes
 Costa da Mariña Occidental
 Pena Trevinca

Como ves, en Galicia hai máis de 60 ZEPVN, Zonas de Especial Conservación dos Valores Naturais. Canta riqueza natural temos en Galicia!


Cóntanos, coñecías a existencia da Rede Natura 2000 e os espazos naturais protexidos que hai no noso territorio?

Comparte:
CATEGORÍAS: Galicia
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14831 (10) { ["term_id"]=> int(289) ["name"]=> string(27) "Espazos Naturais Protexidos" ["slug"]=> string(27) "espazos-naturais-protexidos" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(289) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Espazos Naturais Protexidos
object(WP_Term)#14829 (10) { ["term_id"]=> int(259) ["name"]=> string(7) "Galicia" ["slug"]=> string(7) "galicia" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(259) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Galicia
object(WP_Term)#14833 (10) { ["term_id"]=> int(290) ["name"]=> string(11) "Natura 2000" ["slug"]=> string(14) "natura-2000-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(290) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Natura 2000

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *