Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000. Unha ocasión para que a sociedade teña máis coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación.
Segundo Activa Rede Natura 2000, a pesar da importancia desta Rede, o 85% dos españois di non saber nada destes espazos. Do 15% restante, tan só o 8% recoñece que lle soa “algo”. Ademais, deste 15% un 10,5% non é capaz de citar un lugar pertencente á Rede Natura 2000.
Hoxe é un bo día para descubrir máis sobre ela.
Que é a Rede Natura 2000?
A Rede Natura 2000 é un conxunto de Espazos Naturais Protexidos, que se declararon para a conservación de determinadas especies e hábitats que viven neles.
Na actualidade está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla e ambiciosa rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo!.
A Rede Natura 2000 naceu no ano 1992 e inclúe dous tipos de figuras de protección, designados en virtude de dúas leis europeas:
- A Directiva de Hábitats orixinou os LIC, Lugares de Importancia Comunitaria. Estes albergan tipos de hábitats naturais ou especies de singular valor que é necesario conservar. Os LIC pasan a chamarse ZEC, Zonas Especiais de Conservación, cando teñen aprobado os seus plans ou instrumentos de xestión e son declarados oficialmente polos Estados Membros da Unión Europea.
- A Directiva de Aves deu lugar ás ZEPA, Zonas de Especial Protección para as Aves. Son lugares que albergan especies de aves silvestres, a conservar no ámbito da Unión Europea.
Tanto os LIC como as ZEPA poden ser zonas terrestres ou zonas mariñas, aínda que a rede mariña está moito menos desenvolta que a terrestre.
A protección destes espazos pretende garantir a supervivencia a longo prazo das especies e hábitats europeos máis valiosos e ameazados. En España, o 30% do noso territorio forma parte da Rede Natura 2000, o que dá mostra da nosa gran riqueza en natureza e biodiversidade. Ademais, somos o país que máis superficie achega á rede, con máis de 1.800 espazos.
Podes contribuír á difusión deste día tan importante, cun doado xesto: Realiza unha foto facendo a bolboreta coas túas mans e súbea aquí ou compártea en redes sociais, co hashtag #natura2000day. O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo!
Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos
A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total de Galicia. Nela recóllense aqueles espazos naturais que dispoñen dun réxime especial de protección, que pode ser:
- Reserva Natural
- Parque Natural
- Parque Nacional
- Monumento Natural
- Humidal Protexido
- Paisaxe Protexida
- Zona de Especial Conservación dos Valores Naturais ( ZEPVN). Decláranse deste xeito os espazos naturais da Rede Natura 2000, que non teñan outra figura de protección. Nestas zonas é posible a realización de usos e actividades tradicionais, sempre que non vulneren os valores protexidos. Distinguimos entre Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA):
Zonas Especiais de Conservación en Galicia:
A Marronda
|
Encoro de Abegondo-Cecebre
|
Ría de Foz-Masma
|
A Ramallosa
|
Enseada de San Simón
|
Río Anllóns
|
As Catedrais
|
Estaca de Bares
|
Río Cabe
|
Baixa Limia
|
Esteiro do Tambre
|
Río Eo
|
Baixo Miño
|
Fragas do Eume
|
Río Landro
|
Betanzos-Mandeo
|
Gándaras de Budiño
|
Río Lérez
|
Bidueiral de Montederramo
|
Illas Cíes
|
Río Ouro
|
Brañas de Xestoso
|
Illas Estelas
|
Río Tambre
|
Cabo Udra
|
Macizo Central
|
Río Támega
|
Canón do Sil
|
Monte Aloia
|
Río Tea
|
Carballido
|
Monte e Lagoa de Louro
|
Serra da Enciña da Lastra
|
Carnota-Monte Pindo
|
Monte Faro
|
Serra do Candán
|
Complexo Húmido de Corrubedo
|
Monte Maior
|
Serra do Cando
|
Complexo Ons-O Grove
|
Negueira
|
Serra do Careón
|
Costa Ártabra
|
Ortigueira-Mera
|
Serra do Xistral
|
Costa da Mariña Occidental
|
Os Ancares-O Courel
|
Sistema Fluvial Ulla-Deza
|
Costa da Morte
|
Parga-Ladra-Támoga
|
Sobreirais do Arnego
|
Costa da Vela
|
Pena Maseira
|
Veiga de Ponteliñares
|
Costa de Dexo
|
Pena Trevinca
|
Xubia-Castro
|
Cruzul-Agüeira
|
Pena Veidosa
|
Zonas de Especial Protección para as Aves en Galicia:
A Limia
|
Costa da Morte (Norte) |
Ría de Foz
|
Ancares
|
Costa de Ferrolterra-Valdoviño
|
Río de Ortigueira e Ladrido
|
Baixa Limia-Serra do Xurés
|
Esteiro do Miño
|
Ribadeo
|
Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira |
Illa de Ons
|
Serra da Enciña da Lastra |
Complexo Litoral de Corrubedo |
Illas Cíes
|
|
Costa da Mariña Occidental
|
Pena Trevinca
|
Como ves, en Galicia hai máis de 60 ZEPVN, Zonas de Especial Conservación dos Valores Naturais. Canta riqueza natural temos en Galicia!
Cóntanos, coñecías a existencia da Rede Natura 2000 e os espazos naturais protexidos que hai no noso territorio?