Que é un expediente de acometida?

¿Qué es un expediente de acometida?

Se estás valorando dar de alta a luz nunha vivenda ou local (punto de subministración) no que non hai electricidade neste momento, este artigo interésache!

A acometida eléctrica une a túa vivenda ou local coa instalación da distribuidora de luz da zona.

Todas as subministracións contan cunha acometida a unha rede de distribución común ou deben solicitala se queren ter electricidade. A empresa distribuidora é a que se encarga de realizar, subcontratar ou supervisar e verificar os traballos necesarios para conectar a subministración á rede.

Xestión do expediente de acometida

Se na túa vivenda ou local nunca houbo luz ou levas máis de 3 anos* sen tela e agora queres que haxa subministración eléctrica, o primeiro que tes que facer é abrir un expediente de acometida coa distribuidora de luz da túa zona. Podes chamar ao teléfono gratuíto correspondente para xestionalo.

En España existen máis de 300 distribuidoras de luz, pero as principais (con maior presencia a nivel nacional) son estas seis: Unión Fenosa Distribución – UFD (teléfonos gratuítos 900 111 999 e 900 111 444), i-DE Distribución (teléfono gratuíto 900 171 171), e-Distribución (teléfono gratuíto 900 878 119), E-REDES Distribución Eléctrica (tel. gratuíto 900 907 003), Viesgo Distribución (tel. gratuíto 900 505 249) e Suministradora Eléctrica de Cádiz (teléfono gratuíto 900 373 411).

Mapa de las principales distribuidoras de luz en España

Mapa orientativo (aproximado) coas principais distribuidoras de luz en España. Elaboración propia.

En canto teñas o expediente de acometida e saibas cal é o CUPS de luz da túa vivenda ou local, en Xenera xa podemos xestionar todo o proceso para dar de alta a luz na túa vivenda ou negocio.

O CUPS de luz tamén cho indica a distribuidora de luz da zona. Se na vivenda ou local houbo luz nalgún momento e conservas algunha factura antiga, tamén poderás localizar nela o código CUPS.

*No caso de instalacións de alta tensión hai que abrir o expediente de acometida se nunca houbo luz ou hai máis de 5 anos que non sen ten. Son 3 anos só no caso de baixa tensión. As subministracións de electricidade de pequenos consumidores (tarifas 2.0 ou 2.1) son de baixa tensión.

Cal é o prezo dunha acometida eléctrica?

O custo de execución dunha acometida eléctrica non é fixo. Cando solicites a instalación da acometida, a distribuidora indicará unha valoración económica, que dependerá do caso en particular. Inflúen diversos factores, como a localización da nova subministración (non será igual nun piso na cidade que nunha casa no rural na que sexa preciso colocar un poste de luz, por exemplo) ou o estado do terreo, entre outros.

Ao xerar o expediente de acometida páganse uns dereitos que forman parte dos custos de alta da luz. Son os dereitos de extensión. O habitual é que se paguen directamente á distribuidora e estes si teñen un custo concreto, igual para todas as distribuidoras. Son 17,374714 € por cada kW de potencia solicitado + IVE.

Por exemplo, se na túa vivenda necesitas unha potencia contratada de 4,6 kW, terás que pagar directamente á túa distribuidora de luz 96,71 € en concepto de dereitos de extensión.

Só nos casos en que o usuario decide que a instalación sexa realizada por un instalador externo á distribuidora de luz, non é necesario pagar os dereitos de extensión á distribuidora, pero sí os dereitos de supervisión de instalacións cedidas, que teñen un custo regulado de 101,52 € + IVE. Co cal, se leva a cabo unha revisión e comprobación de que a instalación se axusta ás condicións técnicas e de seguridade reglamentarias. Pola contra, se se pagan os dereitos de extensión non se pagan os de supervisión.

Os demais custos dunha alta de luz

En canto teñas o expediente de acometida, xa podes facer o teu contrato de luz connosco.

En Xenera non cobramos nada pola alta de luz, pero si temos que facturar aos nosos clientes uns custos de alta, que tamén van parar á distribuidora de luz. En suministros de baixa tensión son os seguintes:

• Dereitos de acceso: 19,703137 € por cada kW solicitado. Estes dereitos sempre se pagan nunha alta de luz.
• Dereitos de enganche: 9,044760 € por actuación.  Estes dereitos sempre se pagan nunha alta de luz.
• Dereitos de verificación8,011716 € por actuación.

Corresponden á verificación que leva a cabo a distribuidora para comprobar que a instalación efectuada ten un bo funcionamento, ademais de cumprir coa normativa. Haberá dous casos nos que o cliente estará exento de pagar estes dereitos:

  • Se a subministración require da presentación dun boletín de instalador autorizado. Tanto se se trata dunha instalación nova ou dunha reforma da mesma.
  • Se o cliente tivo que presentar un proxecto e o certificado final de obra.

• Depósito de garantías: Este importe págase como fianza, polo que se devolve no futuro, no momento de realizar a baixa do punto de subministración eléctrica coa distribuidora. O importe do depósito varía en función da tarifa de acceso do cliente (2.0A, 2.0DHA, 2.1A, etc). De tódolos xeitos, o pago do depósito de garantías xa non adoita ser habitual.

A estes custos hai que engadir o IVE, salvo ao depósito de garantías, que está exento.

Só no caso de que a compañía distribuidora non cobrase os dereitos de extensión directamente, é posible que a compañía comercializadora si os facture.

Estes custos de alta recóllense nunha factura de dereitos, que adoita ser a primeira que as comercializadoras emitimos a un cliente que se da de alta.

Exemplo do importe final (con IVE incluído) da factura de dereitos para as potencias contratadas máis frecuentes en domicilios:

Potencia contratada Se só se cobran os dereitos de acceso e enganche
(o máis habitual)
Se se cobran os dereitos de acceso, enganche e verificación
2,3 kW 65,78 € 75,47 €
3,45 kW 93,19 € 102,89 €
4,6 kW 120,61 € 130,31 €
5,75 kW 148,03 € 157,72 €

Todos estes custos están regulados na Orden ITC/3519/2009, polo que serán os mesmos elixas a comercializadora que elixas!

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14835 (10) { ["term_id"]=> int(178) ["name"]=> string(8) "alta luz" ["slug"]=> string(8) "alta-luz" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(178) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
alta luz
object(WP_Term)#14836 (10) { ["term_id"]=> int(176) ["name"]=> string(13) "distribuidora" ["slug"]=> string(13) "distribuidora" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(176) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(5) ["filter"]=> string(3) "raw" }
distribuidora

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *