Por que instalar placas solares na túa vivenda?

Instalar placas solares

O uso de placas solares fotovoltaicas está cada vez máis estendido, principalmente grazas á sinxeleza de instalación, o baixo custo de mantemento e o aforro que supón na factura da luz.

A enerxía solar é a fonte que experimentou un maior crecemento en España nos últimos anos. Non é de estrañar, xa que España é un dos países de Europa que máis potencial ten para este tipo de enerxía, ao contar con ao redor de 300 días de sol ao ano e recibir de media unhas 2500 horas de sol anuais.

Principais vantaxes de utilizar placas solares (autoconsumo de enerxía)

1. Non ten impacto ambiental:

A enerxía solar é unha fonte totalmente renovable, que provén directamente dos raios do sol. É unha enerxía sostible e respectuosa co medio ambiente, que non emite gases de efecto invernadoiro. Pola contra, as fontes tradicionais como o carbón ou o petróleo si producen gases de efecto invernadoiro e outros residuos tóxicos.

A enerxía solar é 100% limpa e inesgotable. Non xera residuos nin impacto ambiental e axuda a combater o cambio climático.

2. Rendibilidade:

Os baixos custos de mantemento e funcionamento das instalacións solares fanas máis rendibles que outros sistemas de enerxías renovables.

Ademais, podes controlar e xestionar a enerxía que produces e consumes, almacenándoa a través do uso de baterías. Tamén podes compensar ou vender a enerxía solar sobrante non consumida.

3. Aforro considerable na factura da luz: 

Unha instalación de autoconsumo eléctrico permite un aforro substancial na factura da luz, por dous motivos:

• Pola enerxía que se consome directamente das placas solares, en lugar de ter que consumila da rede eléctrica.

• Pola enerxía sobrante, que a compañía eléctrica pode compensar en forma de descontos na factura de luz se se asina un contrato de autoconsumo con excedentes con compensación.

En XENERA ofrecemos un produto chave en man para encargarnos de tódolos pasos para o autoconsumo de enerxía eléctrica no teu fogar ou empresa. Se realizas connosco un contrato de autoconsumo con excedentes con compensación, a enerxía xerada que non consumas vértese á rede e descontámosche o importe correspondente na túa factura de luz. Esta modalidade de autoconsumo é moi cómoda porque non require darse de alta como produtor/a, non tes que pagar impostos por esta actividade e o trámite administrativo é moi sinxelo.

4. Unha lexislación máis favorable:

O importante crecemento das instalacións de autoconsumo no noso país ten a súa orixe nunha lexislación moito máis favorable, da mano do RD 244/2019 e do RDL 15/2018. Estes reais decretos, ademais de eliminar as barreiras administrativas e económicas como o popularmente coñecido “imposto ao sol”, introduciron o mecanismo de compensación simplificada (é dicir, poder recibir unha compensación económica pola ener´xía vertida á rede) e a posibilidade de instalar autoconsumo compartido en bloques de vivendas (unha soa instalación compartida por varios propietarios). Así, a inversión en autoconsumo é agora moito máis atractiva para os consumidores.

5. Mobilidade sostible:

Pouco a pouco vaise estendendo uso de coches eléctricos, patinetes, bicicletas e outros medios de transporte eléctricos. Ao contar coa túa instalación de placas solares fotovoltaicas, podes recargar estes medios de transporte eléctricos con enerxía solar. O uso da enerxía solar no transporte é unha grande axuda para reducir a contaminación, especialmente nos núcleos urbanos.

Vehículo eléctrico XENERA

Que se debe ter en conta á hora de instalar placas solares?

Á hora de instalar paneis fotovoltaicos hai que ter en consideración algúns factores:

• Requiren dunha fonte de luz o máis directa posible. Se o ángulo entre o panel e o sol non é o adecuado poden chegar a perder ata o 50% da súa capacidade enerxética.

• O número idóneo de placas depende tanto das necesidades de consumo eléctrico, como da superficie da que se dispón para a súa instalación. É fundamental dimensionar a instalación fotovoltaica adecuadamente para aforrar o máximo posible na factura da luz. Se calculamos correctamente o número de placas solares, pódese aforrar entre un 50 e 70% do gasto eléctrico, o cal permitirá amortizar antes o sistema de autoconsumo.

• O investimento inicial recupérase en poucos anos. Normalmente entre 5 e 7 anos.

• Cando a instalación fotovoltaica non xera suficiente enerxía para os consumos que se realizan, utilízase a enerxía da rede eléctrica. Por iso, no contador instálase un medidor bidireccional, que permite calcular canta enerxía se consome da rede e canta se compensa (isto último no caso de optar pola modalidade de autoconsumo con excedentes con compensación).

É importante ter en conta que, ao permanecer conectado á rede convencional, o aforro grazas ás placas solares unicamente é aplicable ao consumo eléctrico da factura de luz. Non así a outros conceptos da factura, como a potencia contratada, os impostos eléctricos ou o alugueiro do equipo de medida, entre outros. Por tanto, hai que ter claro que, aínda que se realice unha instalación fotovoltaica, ao manterse conectado á rede eléctrica as facturas de luz nunca terán un importe cero.

• Os paneis solares de alta calidade teñen unha vida útil media de 25 anos. Ademais, requiren dun mantemento mínimo.

 

Xa ves que o autoconsumo de enerxía mediante placas solares fotovoltaicas ten importante vantaxes e é cada vez máis sinxelo. Se estás a pensar en pasar ao autoconsumo, envíanos un correo electrónico a autoconsumo@xenera.com, solicitándonos un orzamento orientativo. Pedirémosche a información necesaria para poder ofrecerche unha alternativa adaptada á túa vivenda e consumo. Comezamos?

 

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14677 (10) { ["term_id"]=> int(389) ["name"]=> string(11) "autoconsumo" ["slug"]=> string(11) "autoconsumo" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(389) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
autoconsumo
object(WP_Term)#14675 (10) { ["term_id"]=> int(390) ["name"]=> string(22) "autoconsumo eléctrico" ["slug"]=> string(21) "autoconsumo-electrico" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(390) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
autoconsumo eléctrico
object(WP_Term)#14679 (10) { ["term_id"]=> int(388) ["name"]=> string(14) "enerxía solar" ["slug"]=> string(13) "enerxia-solar" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(388) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
enerxía solar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *