Entendendo o pool eléctrico

pool_electrico_mercado_mayorista_luz

Cada certo tempo, os medios fanse eco da subida ou baixada do prezo da luz. Sabes a que é debido?

Detrás destes cambios de prezo está o pool eléctrico. Hoxe explicamos, de forma sinxela, que é e como inflúe nas túas facturas de luz.

Que é o pool eléctrico?

O pool eléctrico é o principal mercado de enerxía eléctrica da Península Ibérica. Nel establécense os prezos diarios da enerxía e está xestionado polo operador independente OMIE.

Tódolos días do ano véndese e cómprase electricidade no pool. Este mercado permite a compra-venda de electricidade entre os axentes que participan nel.

 

Que axentes que interveñen no pool eléctrico?

Participan tanto as empresas habilitadas (produtores e comercializadoras de electricidade), así como consumidores cualificados de enerxía eléctrica.

Os participantes deste mercado fixan o prezo da enerxía para cada hora do día, en función da oferta e a demanda. OMIE recibe ata as 12 horas do día en curso o total de ofertas de compra e venda, correspondentes a cada unha das 24 horas do día seguinte. O prezo e o volume de enerxía comprometida para unha hora determinada establécense cruzando a oferta coa demanda, seguindo o modelo marxinalista adoptado por toda a Unión Europea, e para o cal se utiliza un algoritmo denominado Euphemia.

Resultado diario en el pool eléctrico.

Mentres as centrais nucleares manteñen un réxime homoxéneo de produción -evitando así incrementos ou reducións repentinos- a capacidade de produción dos parques eólicos e as plantas fotovoltaicas é variable, en función das condicións climatolóxicas. Por iso, denomínaselles fontes non xestionables.

Unha vez que OMIE recibe e ordena todas as ofertas de produción e a demanda (de maior a menor retribución), realízase o axuste das curvas de oferta e demanda, dando como resultado o que se coñece como prezo de casación.

Precio de casación

O resultado deste mercado diario, a partir da contratación entre axentes compradores e vendedores, é a solución máis eficiente desde o punto de vista económico, pero requírese que tamén sexa viable desde o punto de vista físico. Aquí entra en xogo o Operador do Sistema Eléctrico (Red Eléctrica de España, REE), que se encarga da validación técnica. Este proceso denomínase xestión das restricións técnicas do sistema e asegura que os resultados do mercado sexan tecnicamente factibles para a rede de transporte de enerxía.

Os resultados do mercado diario sofren pequenas variacións como consecuencia da análise de restricións técnicas realizado por REE.

Así mesmo, Red Eléctrica de España realiza diariamente unha previsión da enerxía que se vai a requirir ao día seguinte, baseándose no historial de consumo e noutras variables, como poden ser o clima ou o horario laboral da poboación.

 

O mercado intradiario

Tralo mercado diario, que acabamos de explicar e no que se negocia a maior parte da enerxía, os axentes poden volver comprar e vender electricidade no mercado intradiario. Poden facelo de maneira continua ou ben en distintas sesións de contratación.

Existen 6 sesións de contratación baseadas en poxas como a descrita anteriormente. Estas poxas adoitan arroxar prezos similares aos resultantes no mercado diario e permiten aos axentes compradores e vendedores reaxustar os seus compromisos (de compra e venda, respectivamente).

 

A Vaquiña polo que vale

Como saberás, o principal produto de XENERA é A vaquiña polo que vale, co que ofrecemos aos fogares a enerxía a coste de mercados maioristas por só 3€/mes de custos de xestión. Desta forma, os particulares poden beneficiarse da enerxía a prezo de custo, como fan as grandes empresas.

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14841 (10) { ["term_id"]=> int(328) ["name"]=> string(18) "mercado eléctrico" ["slug"]=> string(17) "mercado-electrico" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(328) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
mercado eléctrico
object(WP_Term)#14842 (10) { ["term_id"]=> int(342) ["name"]=> string(4) "pool" ["slug"]=> string(4) "pool" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(342) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
pool

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *