O perigo dos ciberataques no sector enerxético

O perigo dos ciberataques no sector enerxético - A Vaquiña polo que vale

Os noticieiros abrían as súas portadas hai poucas semanas falando do hackeo masivo dos sistemas e bases de datos de Telefónica e de varias multinacionais de todo o mundo. Tratábase dun ramsonware, un método de extorsión ou secuestro para conseguir diñeiro a cambio. A pesar da alarma que xerou, este ciberataque non é o primeiro que sofren as grandes compañías de todo o mundo.

A filtración de información e ataques a sistemas informáticos son cada vez máis frecuentes, e un dos sectores preferidos polos ciberpiratas é o sector enerxético, especialmente as infraestruturas críticas, é dicir, as que soportan os servizos esenciais dunha sociedade, como centrais nucleares, industrias químicas, encoiros ou redes enerxéticas.

E en España, como para o resto dos países da nosa contorna, o ciberespionaxe segue constituíndo a maior ameaza para a seguridade nacional, tal e como recolle o Informe de Ciberamenazas e Tendencias. Edición 2017 do CCN-CERT, do Centro Criptológico Nacional.

Aínda que tamén están a cambiar os gustos destes piratas. Segundo os últimos datos facilitados pola European Network for Cyber Security, mentres que Europa está a investir en redes eléctricas que aforran diñeiro aos consumidores e que integran con facilidade o rápido desenvolvemento das tecnoloxías eólica e solar, ao mesmo tempo estas redes intelixentes e conectadas a Internet tamén están expostas a grandes riscos. A dixitalización expón a subministración de enerxía ás ameazas cibernéticas que poderían conducir a cortes de enerxía durante o máis extremo frío invernal ou danar os compoñentes do sistema eléctrico tanto que as reparacións puidesen levar séculos.

A vulnerabilidade do sector enerxético fíxose máis patente en 2015 e 2016, cando os hackers rusos supostamente patrocinados polo seu país causaron apagamentos en Ucraína no medio do conflito entre os dous países.

Tamén a principios deste ano, o Departamento de Enerxía de Estados Unidos (DOE) advertiu que o sistema eléctrico de EEUU se enfrontaba un perigo inminente debido aos ataques cibernéticos, que están a crecer e cada vez son máis frecuentes e sofisticados.

E en Europa, a ameaza foi recoñecida o ano pasado, cando o Parlamento Europeo comezou a traballar na súa estratexia de seguridade cibernética para o sector enerxético. De feito, espérase que se propoña un plan de acción a finais do ano.

A razón desta crecente ameaza é que o sistema enerxético está a volverse cada vez máis complexo e sofisticado, e máis dependente das redes dixitalizadas baseadas na internet.

A transición enerxética está a poñer en perigo a seguridade de millóns de persoas, facilitando aos hackers que poidan causar o caos nas redes eléctricas das que depende a sociedade, segundo os expertos en ciberseguridade. O futuro configúrase ao redor dunha rede conectada a parques eólicos e plantas solares, o que supón miles de posibles puntos de entrada no sistema enerxético para os hackers. Do mesmo xeito, o despregamento de redes intelixentes e medidores -e o esperado crecemento xeneralizado da resposta da demanda- tamén o farán.

“Nada é seguro e todo pode ser hackeado”, advertiu Omer Shech, un enxeñeiro de Waterfall Security, “a interconectividade é o maior problema para a seguridade da rede, xa que case calquera conexión a Internet pode ser unha fonte dun ataque de malware”.

E sobre todo aumenta a preocupación en manter seguras as instalacións eólicas e solares que son operadas por control remoto, desde unha central de calqueira punto do planeta.

Pero, pódese atallar o perigo de ciberataques no sector enerxético? Moitos expertos en seguridade cibernética sinalan que, a pesar de que unha rede descentralizada é máis vulnerable que unha rede centralizada, o impacto potencial dunha violación de seguridade sería menor. É dicir, que unha rede descentralizada podería illar varias zonas, limitando así a gravidade dun ataque.

Un estudo da Comisión Europea de 2016 sinalaba que existía unha necesidade urxente de crear unha estratexia coordinada de ciberseguridad enerxética en toda Europa. “Máis do 90% das renovables estará conectada á rede de distribución no futuro, o que será un gran problema”, explicaba Mark Van Stiphout, subdirector de investigación e innovación do Departamento de Enerxía da Comisión Europea, “así que ten que cambiar a forma en que se vai a operar a rede de distribución ao integrar medidas para protexer de ciberataques no sector enerxético”.

O informe da Comisión sobre a estratexia de seguridade cibernética para o sector enerxético advirte de que os ciberataques nun Estado membro poderían perturbar as infraestruturas de toda a UE, ocasionando importantes danos financeiros e físicos.

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14841 (10) { ["term_id"]=> int(235) ["name"]=> string(11) "informatica" ["slug"]=> string(11) "informatica" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(235) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
informatica

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *