Patrocinamos á S.D. Tirán, Club de Remo Galego

S.D. Tirán cuenta con el patrocinio de XENERA

Coa nova Tarifa Balón, XENERA ten capacidade para patrocinar a calquera club deportivo galego, sexa cal sexa a súa modalidade.

Como xa vos contamos en anteriores ocasións, en XENERA estamos comprometidos co apoio ao deporte galego e, por iso, impulsamos iniciativas que permitan o crecemento das entidades deportivas.

Nesta ocasión imos falar sobre unha entidade de remo, á que comezamos a patrocinar este ano. Trátase da Sociedad Deportiva Tirán, situada na localidade de Moaña (Pontevedra) e que forma parte da elite do deporte da traiñeira. Falamos co seu actual presidente, José Manuel Lobera Casas, que é remeiro desde infantil de Tirán e conta cun gran currículo deportivo.

presidenteTiran
José Manuel Lobera, presidente de Sociedad Deportiva Tirán.

José Manuel, explícanos, como empezou a traxectoria do club?

O remo de competición, tal como se coñece actualmente, remóntase á década dos oitenta. Sen embargo, en Moaña vén de moitos anos atrás.

A orixe está na competición entre as embarcacións de pesca por chegar antes a porto e así vender mellor o produto. Despois, empezaron a organizarse regatas nas festas, coas mesmas embarcacións que se utilizaban para pescar. De aí ás regatas de traiñeiras a nivel estatal foi un paso, conquistando dous Campionatos de España co nome de Educación e Descanso de Moaña nos anos 1960 e 1961.

A S. D. Tirán nace no ano 1993, cando os dous clubs de Tirán, San Juan de Tirán e A nosa Señora dos Remedios, deciden fusionarse. Ponse en marcha co obxectivo de darlle aos nenos e nenas a opción de practicar un deporte tradicional e completo, como é o remo, e formalos como persoas nos valores que ten este deporte: compromiso, traballo en equipo, superación, esforzo, motivación, solidariedade, ilusión e moita dedicación.

Actualmente, con que equipos e deportistas conta o club?

Contamos con equipos alevíns, infantís, cadetes e xuvenís tanto masculinos como femininos en bateis. A novidade deste ano é a traiñeira feminina na categoría absoluta, que xunto ao equipo senior de traiñeira está na Liga Galega. Un feito excepcional e co que moi poucos clubs poden contar, xa que só aqueles con canteira e tradición cumpren a normativa vixente para que isto se produza. Estamos moi contentos e satisfeitos por este motivo.

Por suposto, tamén hai equipo de veteranos.

En total, contamos con máis de 100 deportistas, con idades comprendidas desde os 14 anos dos alevíns ata os 61 anos do maior do equipo de veteranos. A maioría deles son de Moaña, aínda que tamén hai xente de localidades próximas, como Vigo, Cangas, Redondela, A Pobra do Caramiñal…

En canto á afección, a S.D. Tirán conta con máis de 700 socios e socias, a maioría de Moaña, pero tamén os hai de fóra de Galicia.

Cóntanos, con que frecuencia se adestra e que competicións se disputan?

Dependendo do equipo, a frecuencia de adestramento aumenta. Os máis pequenos 3 días á semana, mentres os senior masculino e feminino adestran todos os días da semana.

Empézase a competir en febreiro con regatas de bateis (4 remeiros e patrón) para os máis pequenos. Hai regatas todas as fins de semana.

En abril adoita ser o Campionato Galego e a continuación o de España, onde se designe.

En maio pasamos á seguinte categoría de embarcación, a trainerilla (6 remeiros e patrón), só para xuvenís e senior. Aproximadamente é un mes de competición.

A partir de mediados de xuño e ata setembro é a quenda da categoría reina, a traiñeira (13 remeiros e patrón), con regatas todas as fins de semana por toda Galicia e campionato de España onde se estableza (en Galicia, Cantabria ou Euskadi).

Neste deporte, os desprazamentos por todo o litoral galego son frecuentes. Ademais, para asistir aos campionatos de España, tamén é posible desprazarse a Cantabria ou Euskadi.

Falemos de logros. Cales son os principais éxitos dos equipos do club?

O máis importante, os campionatos de España de traiñeira en 1996 e 1997 (tendo en conta que desde o ano 1962 unha tripulación galega non era campioa de España), así como un 2º posto en la Bandera de la Concha en 1996 e un terceiro posto nesta mesma en 2012.

Tamén destacamos as bandeiras da ACT, conseguidas nos anos 2011 en Orio (Guipúscoa), 2012 en Castro Urdiales (Cantabria) e 2013 en Portugalete (Biscaia) e Bandeira de Moaña.

Os logros máis recentes foron os campionatos de España de Llaüt e o galego de bateis, da tripulación de promesas feminina en 2018, así como en 2017 os campionatos galegos de trainerilla e traiñeira.

Deixando a un lado os logros deportivos, que move ás persoas para formar parte dun club destas características?

Este deporte por si mesmo, pola súa dureza, practícase por amor ao remo. É un orgullo sentir as cores dun club con tradición, que ademais é un dos que mellor palmarés ten, non só a nivel galego. No mundo do remo é dos máis respectados e queridos, tanto polos propios deportistas como polos afeccionados.

Ao longo dos anos, Tirán demostrou sobradamente o seu bo facer a nivel deportivo e o bo trato que brinda a todas as persoas que o compoñen (remeiros, adestradores, afeccionados…). É un club querido por todos e iso nótase á hora de que os deportistas teñan interese por formar parte do club. A final de contas, é importante practicar un deporte que che gusta, pero tamén facelo no lugar onde te sentes como na casa e te identificas cos valores que promove. En Tirán non só se forxan deportistas, senón persoas.

Requírese unha gran infraestrutura e persoal para manter o club? Son importantes os patrocinios?

A directiva de S.D. Tirán está composta por 11 persoas, pero contamos coa axuda de socios e colaboradores para a organización de regatas e outros eventos. En canto a instalacións, temos unha nave de deportes náuticos, con acceso directo á auga, con ximnasio, foso, oficinas e unha zona para gardar as embarcacións, zodiacs, carros para transporte…

Os patrocinios máis que importantes son imprescindibles. Só coa achega de socios sería inviable a existencia do club. Hai que ter en conta que para unha regata de bateis mobilizamos dous carros con 10 bateis, zodiac, dúas furgonetas, autobús, podemos chegar a 50-60 remeiros… A iso, hai que sumar o mantemento das instalacións e o prezo do material de competición, que non é barato (un remo de traiñeira pode chegar a custar 400€).

“Os patrocinios son imprescindibles para a existencia do club”.

Concretamente, que supón para vós o recente patrocinio de XENERA?

Dános a posibilidade de seguir competindo. Sen o apoio de patrocinadores tan importantes como XENERA, este deporte, que non é maioritario, por desgraza tende a desaparecer. Crer neste deporte e promovelo é ser fiel ás nosas raíces e apostar pola diversidade no deporte para que os mozos teñan a posibilidade de seguir practicando o remo na súa modalidade de banco fixo, moi arraigado á nosa terra e tradicións.

O patrocinio é vital para que se poida seguir achegando espectáculo e emoción a todas as vilas costeiras en Galicia, Cantabria e País Vasco. Sen perder un dos deportes que máis nos identifican como galegos. Que as empresas aposten polos nosos nenos/as, mozos/as, as nosas tradicións e os nosos valores, significa que xuntos sumamos e que poderemos crecer conxuntamente. Neste sentido, XENERA achéganos continuidade, seguridade, motivos para seguir loitando polo que facemos e superarnos a nivel deportivo.

 

Moitas grazas, José Manuel. Desde XENERA estamos orgullosos de contribuír co deporte galego e os valores tan importantes que promove entre a sociedade e, en especial, entre os deportistas que o practican.

Tanto é así que, para dar apoio a entidades deportivas galegas de calquera modalidade e tamaño, acabamos de lanzar un novo produto: Tarifa Balón.

Tarifa Balón. É redonda

Son moitos os clubs que solicitan financiamento externo para poder subsistir. Desa necesidade xurdiunos a idea de poñer en marcha a Tarifa Balón, coa que en XENERA esperamos apoiar de forma significativa ás entidades deportivas galegas.

O cliente que se cambia a XENERA e contrata esta tarifa de luz obtén 20€ de desconto na súa primeira factura, ademais de contar cun prezo moi vantaxoso. Coa Tarifa Balón o cliente aforra, xa que é a seña de identidade de XENERA, e a iso súmase unha boa causa. Por iso dicimos que a Tarifa Balón é redonda.

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14852 (10) { ["term_id"]=> int(276) ["name"]=> string(8) "deportes" ["slug"]=> string(8) "deportes" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(276) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
deportes
object(WP_Term)#14850 (10) { ["term_id"]=> int(246) ["name"]=> string(11) "patrocinios" ["slug"]=> string(11) "patrocinios" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(246) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
patrocinios
object(WP_Term)#14853 (10) { ["term_id"]=> int(277) ["name"]=> string(13) "Tarifa Balón" ["slug"]=> string(15) "tarifa-balon-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(277) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Tarifa Balón
object(WP_Term)#14855 (10) { ["term_id"]=> int(278) ["name"]=> string(6) "Tirán" ["slug"]=> string(8) "tiran-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(278) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Tirán

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *