Patinete eléctrico: a opción de mobilidade urbana sustentable que é tendencia

patinete eléctrico

Cada vez é máis común ver usuarios circulando con patinete eléctrico polas cidades, especialmente durante os meses de bo tempo. A súa demanda non deixou de crecer nos últimos anos, debido ás súas vantaxes fronte a outros medios de transporte.

Este vehículo de mobilidade persoal (VMP) converteuse nunha interesante alternativa aos coches e motocicletas particulares para realizar viaxes intraurbanos.

Principais vantaxes do patinete eléctrico

Existen un gran número de modelos de patinetes eléctricos scooters con diversas características e prezos. Hai patinetes eléctricos plegables, non plegables, con asento, sen sillín, para adultos, para nenos…Como vantaxes comúns a todos eles, podemos destacar as seguintes:

  • Ocupa pouco espazo: son pequenos vehículos moito máis manexables que outras opcións de mobilidade sustentable, como a ebike (bicicleta eléctrica) ou a moto e o coche eléctricos. Ademais, o feito de elixir un modelo que sexa plegable resulta práctico, tanto para gardalo en casa como para levar ao lugar de traballo. Iso si, en caso de ter que coller en peso o patinete eléctrico nun momento dado, non resulta moi cómodo, xa que adoita pesar de 10 a 38 quilos (dependendo do modelo).
  • Máis respectuoso co medio ambiente que outros medios de transporte, como o coche ou as motocicletas, xa que non emite gases contaminantes.
  • Suficiente autonomía: Varía segundo o modelo, pero co patinete eléctrico xa é posible percorrer unha distancia de ata 30 quilómetros cunha soa carga de batería. Ademais, cargar as baterías é bastante rápido. Adoitan tardar entre 2 e 8 horas.
  • É veloz: Hai diferenzas entre modelos, pero con algúns deles unha persoa adulta pode chegar a alcanzar ata os 45 quilómetros por hora.

Os modelos máis económicos incorporan un motor con potencia inferior a 120 W, o que se traduce nunha menor autonomía e inferior velocidade punta (uns 12 km/h). En cambio, os modelos máis potentes (ata 2000 W) son máis caros, teñen maior autonomía e alcanzan unha velocidade máxima de ata 45 km/ h.

  • Diversión: ao ir dun sitio a outro en patinete evitas atascos e gozas da posibilidade de moverte ao aire libre. Resulta máis entretido que outros medios de transporte.
A Vaquiña de XENERA en patinete eléctrico

A pesar de todas estas vantaxes do patinete eléctrico, non é ouro todo o que reloce. Con este vehículo de mobilidade persoal o principal inconveniente é a falta regulación a nivel estatal. Varios concellos xa aprobaron ou están en proceso de aprobar unha regulación para o uso do patinete eléctrico. Ao tratarse de normativas locais, varían considerablemente entre unhas cidades e outras.

Patinete eléctrico: prezo

Falemos de diñeiro. O rango de prezos do patinete eléctrico varía moito. Depende da marca, do motor, dos materiais cos que está fabricado (non ten o mesmo prezo o aluminio que a fibra de carbono) e as súas prestacións (se ten ou non sillín, etc). O máis barato está por baixo de 100€ e os modelos de alta gama poden exceder os 2.000€, así que non son aptos para todos os petos…

O máis vendido en España en 2019 é o patinete eléctrico Xiaomi M365. Entre as as principais razóns atópanse: a súa excelente relación calidade-prezo. Incorpora tecnoloxía avanzada, é sinxelo, versátil e conta cun deseño minimalista a un prezo alcanzable (entre 300€ e 400€, en función do lugar de compra). Ademais, en canto a seguridade, o Xiaomi Mijia M365 conta cuns espectaculares freos de disco con sistema E-ABS, que evita que as rodas se bloqueen, permitindo unha suave freada nunha distancia de tan só 4 metros.

En XENERA a protección do medio ambiente preocúpanos e moito. Xeramos enerxías renovables e parte do noso persoal xa elixiu o patinete eléctrico como o vehículo de mobilidade persoal ideal para o seu día a día.

E ti? Cóntanos, que opinas sobre o patinete eléctrico? Es usuario ou hai desvantaxes que che botan para atrás?

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14667 (10) { ["term_id"]=> int(304) ["name"]=> string(10) "mobilidade" ["slug"]=> string(10) "mobilidade" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(304) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
mobilidade
object(WP_Term)#14668 (10) { ["term_id"]=> int(305) ["name"]=> string(19) "patinete eléctrico" ["slug"]=> string(21) "patinete-electrico-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(305) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
patinete eléctrico

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *