Os oito coches eléctricos máis molóns de 2018

É xa sabido que os coches con sistemas de combustión teñen os días contados. Será cuestión de tempo -e pouco- que os coches eléctricos cumpran coas claves necesarias para comerse un mercado que os espera cos brazos abertos.

Listemos brevemente estas claves: Autonomía, prezo e deseño.

O obxectivo inicial, ou o que é o mesmo: actual, é cumprir coas necesidades urbanas. Por que? Pois porque a limitada autonomía que ofrece esta propulsión eléctrica adáptase ben á posibilidade de recarga das baterías mentres un dorme tranquilamente de noite. O razoamento afecta logo ás outras dúas claves: ao deseño, levando á conclusión de tamaño pequeno, manexable, moderno… Prezo? Aquí o tema cambia pero é o prezo de estar á última.

BMW i3

Autonomía: 300 km

Prezo: desde 38.500 €

Deseño: 7/10, pequeno pero con toque agresivo

Outros: equipamento de serie moi completo e potencia máis que apreciable de 170 CV

Nota final: 7/10

Podedes velo aquí.

FORD FOCUS ELECTRIC

Autonomía: 160 km

Prezo: desde 29.120 €

Deseño: 3/10, non parece eléctrico, nin especial, non ten factor molón

Outros: 125 CV e velocidade máxima de 134 km/h

Nota final: 3/10

Podedes velo neste enlace.

SMART FORFOUR

Autonomía: 155 km A PEOR AUTONOMÍA

Prezo: desde 24.000 €

Deseño: 6/10, os SMART sempre teñen un plus en cidade

Outros: prestacións limitadas, 81 CV e un máximo de 130 km/h

Nota final: 5/10

Podedes velo aquí.

NISSAN LEAF

Autonomía: 378 km O DE MAIOR AUTONOMÍA

Prezo: desde 34.500 €

Deseño: 5/10 Falto de glamour

Outros: 150 CV e a garantía de ser o coche eléctrico máis vendido do mundo

Nota final: 7/10

Neste enlace podedes ver máis información.

MERCEDES CLASE B ELECTRIC DRIVE

Autonomía: 200 km

Prezo: 43.000 € O MÁIS CARO

Deseño: 4/10, o clase B nunca foi bonito, pero é que nada diferencia a esta versión eléctrica

Outros: Mercedes expón retiralo do mercado polo seu soado fracaso comercial

Nota final: 2/10

Aquí podedes velo con máis detalle. 

KIA SOUL

Autonomía: 212 km

Prezo: desde 23.900 € O MÁIS ECONÓMICO

Deseño: 5/10, de estilo viaxeiro pero moi plasticoso sobre todo no seu interior

Outros: espazo amplo e boa capacidade de carga, velocidade máxima en 145 km/h

Nota final: 5/10

TESLA MODEL 3

Autonomía: 354 km

Prezo: desde 28.500 €

Deseño: 10/10, deportivo e reconocible, interiores minimalistas

Outros: 262 CV, velocidade máxima de 210 km/h, prazo de entrega mínimo dun ano

Nota final: 10/10

Máis información aquí.

RENAULT ZOE

Autonomía: 300 km

Prezo: desde 24.500 €

Deseño: 7/10, toque agresivo e orixinal, toma de corrente moi rechamante

Outros: con 92 CV lidera as ventas de eléctricos en España cun 25% do mercado

Nota final: 8/10

Aquí podedes velo.

Comparte:
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#16910 (10) { ["term_id"]=> int(125) ["name"]=> string(18) "coches eléctricos" ["slug"]=> string(17) "coches-electricos" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(125) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(4) ["filter"]=> string(3) "raw" }
coches eléctricos

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *