Nova oficina de Xenera en A Coruña

Xenera Compañía Eléctrica A Coruña Colaborador SAMA

Co obxectivo de ofrecer un servizo de proximidade, este mes abrimos un novo punto de atención ao cliente na cidade da Coruña, a través do noso colaborador oficial SAMA.

Ofrecemos un asesoramento profesional para optimizar as facturas de luz e gas de fogares e empresas. Estamos en Rúa Barcelona, 41 baixo. O noso horario de atención ao público é de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. Tamén podes contactar connosco no teléfono gratuíto 900 877 677.

 

Esta última apertura do 2020, súmase á do mes pasado en Sarria (Lugo), neste caso da man do noso colaborador oficial GESA Energía. Así mesmo, continúan en activo as demais oficinas de Xenera en Galicia:

• Oficina central en Vigo: Rúa Policarpo Sanz, 21 baixo CP 36202. Teléfono gratuíto 900 600 116 | E-mail info@xenera.com. Por precaución sanitaria, esta oficina central está temporalmente pechada á atención presencial, pero é posible contactar tanto por teléfono, como por Internet (e-mail, web e redes sociais).

• Lugo (colaborador oficial GESA): Rúa Camiño Real, 41 CP 27004. Teléfono 982 04 45 71.

• Santiago de Compostela (colaborador oficial GESA): Xeneral Pardiñas, 29 baixo CP 15701. Tel 881 94 46 58.

• A Coruña (colaborador CEDES): Rúa Falperra 23, baixo CP 15005. Teléfono 981 90 70 91.

Comparte:
CATEGORÍAS: Galicia Xenera

2 comentarios en “Nova oficina de Xenera en A Coruña

  1. Boa tarde. Esta e unha pregunta porque estou pensando en cambiarme para Xenera:
    ¿Tedes couta mensual de seguro para reparacións en caso de avería da caldeira de gas??

    1. Bo día, Ramón
      Polo momento no dispoñemos de servizo de reparacións da caldeira de gas. Si temos un servizo opcional de gas, que o que inclúe son as revisións anuais e a obrigatoria quinquenal da instalación de gas.
      De tódolos xeitos, tes a posibilidade de cambiar a Xenera e ter contratado un servizo de reparacións con outra compañía.
      Grazas polo interese e un saúdo!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *