Abrimos nova oficina de atención ao cliente en Santiago de Compostela

XENERA Santiago de Compostela

XENERA Compañía Eléctrica, a través do seu colaborador oficial Global de Energía (GESA), abre este luns 6 de maio un novo punto de atención ao cliente en Santiago de Compostela, en pleno centro da cidade. Concretamente, na rúa Xeneral Pardiñas, 29 baixo.

Interior punto XENERA en Santiago de Compostela

Ultimando os preparativos no interior do punto de atención ao cliente de Santiago de Compostela.

Houbo oficina ata hai pouco na mesma rúa, pero decidimos trasladarnos para mellorar as nosas instalacións. Este novo punto é máis amplo, luminoso e está completamente equipado para ofrecer aos usuarios o mellor servizo.

Con esta nova apertura, son catro as oficinas dispoñibles para informarse sobre os produtos e servizos de luz e gas para particulares e empresas que ofrece a compañía:

– Oficina central en Vigo: Rúa Policarpo Sanz, 21 baixo. 36202. Teléfono 900 600 116. Horario de apertura: De luns a mércores de 8 a 13 e de 14 a 17, xoves de 8 a 13 e de 14 a 18, e venres de 8 a 15 horas.

– Lugo: Punto do colaborador oficial GESA: Rúa do Camiño Real, 41. 27004. Teléfono 982 04 45 71. Horario de atención: De luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20 horas. Sábados de 10 a 14 horas.

– A Coruña: Punto do colaborador oficial CEDES: Rúa Falperra 23, baixo. 15005. Teléfono 981 90 70 91. Horario: De luns a venres, de 9 a 19 horas.

– Santiago de Compostela: Punto do colaborador oficial GESA: Rúa Xeneral Pardiñas, 29 baixo. 15701. Teléfono 881 94 46 58. Horario de apertura: De luns a venres, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20 horas. Sábados de 10 a 13:30 horas.

A Vaquiña polo que vale

O principal produto de XENERA é A vaquiña polo que vale, coa que comercializa luz e gas a prezo de custo por só 3€/mes de xestión. Como fan as grandes empresas.

XENERA é principal comercializadora de enerxía 100% galega e, na actualidade, conta con máis de 26.000 clientes, principalmente galegos. Así mesmo, é posible contratar a luz e o gas con XENERA en calquera punto de España peninsular.

ETIQUETAS:
object(WP_Term)#4902 (10) { ["term_id"]=> int(280) ["name"]=> string(4) "GESA" ["slug"]=> string(4) "gesa" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(280) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
GESA
object(WP_Term)#4945 (10) { ["term_id"]=> int(281) ["name"]=> string(22) "Santiago de Compostela" ["slug"]=> string(25) "santiago-de-compostela-gl" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(281) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(1) ["filter"]=> string(3) "raw" }
Santiago de Compostela

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *