Medidores de consumo eléctrico. Para que serven?

Medidores de consumo eléctrico

Polas túas facturas podes saber cantos kilovatios consumes cada mes, pero en qué se distribúen? Tes idea de canto consume cada un dos electrodomésticos do teu fogar? Hai algún electrodoméstico ou aparello electrónico que está consumindo en exceso? Saber a resposta a todas estas preguntas é posible grazas aos medidores de consumo eléctrico.

Os medidores de consumo eléctrico son dispositivos que calculan con facilidade, e de xeito instantáneo, o consumo de enerxía eléctrica dun aparello ou conxunto de aparellos. Con eles, poderás saber canto consume un electrodoméstico, un dispositivo electrónico (como o ordenador) ou a túa vivenda enteira e telo en conta para decidir onde é posible aforrar enerxía.

Os medidores de consumo eléctrico poden chegar a ofrecerte unha completa radiografía enerxética.

Existen distintos tipos de medidores de consumo eléctrico. Explicámosche as diferenzas entre eles para que, en caso de que che interese facerte con un, teñas claro cal é o que máis che convén.

Tipos de medidores de consumo eléctrico

Podemos clasificalos en dous tipos principais:

1. Os que miden o consume de aparellos de xeito individual.
2. Os que analizan o consumo eléctrico de toda a vivenda.

1. Os medidores individuais conéctanse nun enchufe e logo conéctase neles o aparello eléctrico do que se desexa medir o consumo.

Tamén é posible conectar a eles unha “regleta” que teña enchufada todos os aparellos que che interese medir. Dese xeito, saberás o consumo conxunto.

Hai medidores individuais sen monitorización, cos que só podes ver o consumo en tempo real (así como os valores de potencia máxima) e outros, con monitorización de enerxía, que gardan os datos para que podas consultar a variación do consumo ao longo do tempo. Xa postos a medir, é preferible decantarse polos que permiten a monitorización e así ter acceso a un historial de consumo por días e horas.

É máis, algúns medidores individuais con monitorización permiten programar acendidos e apagados e, incluso, a posibilidade de facelo a distancia dende o teléfono móbil.

Cun medidor eléctrico individual descubrirás algúns datos de consumo eléctrico da túa vivenda, como por exemplo:

  • Canto consumen os teus electrodomésticos en stand-by.
  • O consumo de cada un dos teus electrodomésticos e equipos informáticos para valorar se che compensa mercar un máis eficiente.

modo en repouso ou stand-by dalgúns electrodomésticos e dispositivos electrónicos pode supoñer entre o 2 e o 11% do teu gasto de luz anual.

enchufes

2. Os medidores globais -que analizan o consumo da vivenda na súa totalidade- son máis caros que os de medición individual, pero teñen máis funcións.

Conéctanse ao cadro eléctrico, sen ter que enchufar ningún aparello neles, e varían segundo a forma de enviar as medicións: poden estar conectados a unha pantalla o monitor ou ben ter conexión a Internet.

Os que teñen a súa propia pantalla poden conectarse ao ordenador para pasar os datos.

Se este medidor se conecta a un cable en concreto do cadro eléctrico, permitirá analizar unicamente a parte da vivenda a cal alimenta ese cable.

Con este tipo de medidores podes saber:

Ademais de saber cal é o consumo eléctrico do teu fogar, é importante que teñas contratada unha tarifa eléctrica cun bo prezo, como a nosa tarifa de luz A vaquiña polo que vale, coa que a enerxía é a prezo de custo máis 3€/mes de xestión.

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14677 (10) { ["term_id"]=> int(174) ["name"]=> string(18) "consumo eléctrico" ["slug"]=> string(17) "consumo-electrico" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(174) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(2) ["filter"]=> string(3) "raw" }
consumo eléctrico

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *