Luz de obra: que é, como se solicita e que facer para pasar a luz definitiva

Dar de alta luz de obra

Se vas iniciar unha obra nunha vivenda ou local e necesitas dar de alta a subministración eléctrica para levala a cabo, bota unha ollada a este artigo para saber que é a luz de obra, como podes solicitala e de que forma se cambia a unha alta de luz definitiva.

 

A luz de obra é un tipo de alta de subministración eléctrica destinada exclusivamente ao consumo enerxético mentres se realizan obras de construción ou reformas, en ningún caso para a vida diaria. É un alta por tempo limitado.

Como solicitar a luz de obra?

É posible que sexa a empresa que vai realizar a obra a que se encargue das xestións para a alta da luz de obra. Se non é o caso, estes son os trámites para realizar:

O primeiro paso é obter un Certificado de Instalación Eléctrica, realizado pola empresa instaladora de electricidade. Nese certificado debe constar con claridade que o fin da subministración é unicamente realizar obras.

En canto teñas este documento, debes solicitar á distribuidora de electricidade que che corresponda segundo a túa zona que che facilite o teu CUPS de obra. É o código de identificación da túa instalación eléctrica só durante o prazo de obra.

No momento no que teñas este CUPS de obra, podes contratar con XENERA (ou a comercializadora eléctrica que elixas) a subministración de luz de obra polo período de tempo necesario.

Ata aquí todo perfecto. Xa tes luz de obra. Poñámonos no caso agora de que se estea acabando o período de tempo concedido e aínda non finalizaron as reformas. Que podes facer nesta situación?

Se se achega o final da licenza da subministración de luz de obra e aínda tes moita reforma por diante, podes:

  • pedir unha prórroga, ou ben
  • tramitar a baixa da luz de obra e, á súa vez, a alta nova definitiva.

É importante que contes con que, tanto no caso da luz de obra como do alta normal, o prazo ata dispoñer de subministración eléctrica desde que se solicita adoita ser de entre 4 e 15 días.

Cambiar de luz de obra a alta de luz definitiva

Unha vez rematadas as obras, para ter subministración eléctrica é preciso abrir un expediente de acometida coa distribuidora da túa zona. Para iso, terás que presentar, como mínimo, a cédula de habitabilidade e un novo Certificado de Instalación Eléctrica (tamén chamado boletín eléctrico).

A continuación, os técnicos da distribuidora comprobarán que a acometida que chega á túa vivienda ou local é correcta. Se é así, a distribuidora pecha o expediente e che facilita o teu código CUPS definitivo.

Que é o código CUPS

Se tes luz cun contrato de obra e tes que tramitar o cambio a contrato definitivo, o máis recomendable é que a xestión a realice a comercializadora coa que xestionaches a alta da luz de obra para tratar de evitar facturacións erróneas e interrupcións da subministración. 

De tódolos xeitos, no caso de que o CUPS de obra estea contratado cunha comercializadora distinta a Xenera e queiras dar de alta o CUPS definitivo connosco, debes solicitar primeiro a baixa definitiva do CUPS de obra a esa outra comercializadora eléctrica e a alta de luz definitiva connosco. Iso si, é importante que nos informes tamén do CUPS de obra que vas dar de baixa para poder informar á distribuidora e conseguir que ámbalas dúas xestións se realicen en paralelo, coa intención de que non quedes sen luz en ningún momento.

Plazos para a alta de luz

O prazo para obter a luz de obra é o mesmo que no caso da alta nova definitiva. O habitual é que a compañía distribuidora acepte as solicitudes de alta nova de luz un día despois de que llas enviemos e que en 4-5 días xa se teña subministración eléctrica.

De tódolos xeitos, os prazos establecidos son: 1-2 días para que nós enviemos a solicitude de alta de luz á distribuidora, a cal ten 5 días hábiles para aceptar a solicitude e outros 5 días hábiles para activar a subministración.

Déronse excepcións, pero estes son os prazos frecuentes.

Canto custa tramitar unha alta de luz definitiva?

Nós, que somos a compañía comercializadora, non cobramos nada pola alta, pero si que facturamos ao cliente os custos que cobra a compañía distribuidora, coñecidos como dereitos de acometida:

  • Dereitos de acceso: 19,70 € por cada kW solicitado (máis IVE)
  • Dereitos de extensión: 17,37 por cada kW solicitado (máis IVE)
  • Os dereitos de enganche e verificación: 9,04 € (máis IVE)
  • Depósito de garantías: Ao redor de 5 € por cada kW solicitado (exento de IVE). Non todas as distribuidoras o cobran.

Os dereitos de extensión adoita facturalos directamente a compañía distribuidora cando se realiza o expediente de acometida. Só no caso de que a compañía distribuidora non repercutise os dereitos de extensión é posible que a compañía comercializadora si os facture.

Por exemplo, o custo de alta dun novo punto de subministración eléctrica con 3,45 kW de potencia contratada é duns 185 € (con IVE do 21% incluído). Deles, o habitual é pagar uns 73 € directamente á distribuidora no momento que se xestiona o expediente de acometida. O importe restante (uns 112 €) págase na factura que emite a comercializadora cos custos de alta.

 


Tes dúbidas sobre a alta da luz de obra ou o paso a luz definitiva?

Chama ao noso teléfono gratuito 900 600 116 e asesorámosche.

Comparte:
CATEGORÍAS: luz
ETIQUETAS:
object(WP_Term)#14674 (10) { ["term_id"]=> int(178) ["name"]=> string(8) "alta luz" ["slug"]=> string(8) "alta-luz" ["term_group"]=> int(0) ["term_taxonomy_id"]=> int(178) ["taxonomy"]=> string(8) "post_tag" ["description"]=> string(0) "" ["parent"]=> int(0) ["count"]=> int(3) ["filter"]=> string(3) "raw" }
alta luz

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *