De que formas podes facilitar a lectura do teu contador de gas?

Lectura contador gas

Tes varias opcións para achegar a lectura do teu contador de gas e, así, evitar recibir facturas de gas con estimacións de consumo. Elixe a que ti queiras!

Antes de entrar en materia, queremos deixarche clara a diferenza entre compañías comercializadoras e distribuidoras de gas. É importante que saibas que é cada unha.

  • As comercializadoras de gas son as compañías que poñen en venda a enerxía para o consumidor final. Delas depende a oferta, o prezo e os descontos segundo a tarifa de gas que contrate o cliente, e non da distribuidora. XENERA é unha compañía comercializadora de luz e gas.
  • En cambio, as compañías distribuidoras encárganse da produción, transporte e distribución de gas.  No noso país as distribuidoras non se elixen, senón que están asignadas por zona xeográfica segundo a súa presenza histórica e a propiedade de parte da rede de distribución.

Cal é a túa distribuidora de gas?

Cada distribuidora de gas actúa en zonas determinadas da xeografía española, repartíndose o ámbito de acción da seguinte forma:

  • Nedgia: pertence ao grupo Gas Natural Fenosa. Opera nas zonas de Andalucía, Aragón, Baleares, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid, Navarra e A Rioxa.
  • Redexis Gas: A maioría das provincias da comunidade de Aragón, así como partes da Comunidad Valenciana, Región de Murcia, Castilla y León, Castilla-La Mancha y Andalucía.
  • Nortegas: Antes coñecido como Naturgas (pertence ao grupo EDP). Ten redes de distribución en Cantabria, Asturias e País Vasco.
  • Madrileña Red de Gas: En 41 municipios da Comunidad de Madrid.
  • Gas Extremadura: Presente en 17 localidades da Comunidad de Extremadura.

Hai que ter en conta que esta denominación pode variar segundo a comunidade autónoma.

De tódolos xeitos, se non o tes claro, podes comprobar nas túas facturas de gas cal é a compañía distribuidora que ofrece subministración na túa zona. Aínda que é a comercializadora a que emite as facturas, sempre se fai constar cal é a distribuidora e de que teléfono dispón para atención de avarías.

Tendo clara esta diferenza, contámosche as formas para facilitar a lectura do teu contador de gas.

1. App YoLeoGas

Con esta aplicación móbil podes enviar as lecturas do teu contador se a túa distribuidora de gas é Nedgia (grupo Gas Natural Fenosa), Redexis Gas, Nortegas ou Madrileña Red de Gas.

App YoLeoGas

É un método bastante práctico para facilitar as lecturas. Para iso, tes que descargar no teu dispositivo móbil a app YoLeoGas, a través da plataforma GooglePlay ou Apple Store.

Só será necesario que rexistres os teus datos no primeiro acceso e, despois, con só enviar a foto da túa lectura, esta quedará recollida no sistema.

Unha vez validada a foto pola túa compañía distribuidora, a aplicación indicarache que o contador foi rexistrado.

Se queres, a app pode lembrarche cando has de enviar a foto do teu contador de gas para que non se che esqueza.

2. Teléfono gratuíto de lectura

As compañías distribuidoras contan con teléfonos gratuítos para que facilites a lectura do teu contador.

Para que poidan localizar a túa subministración, é necesario que teñas a man o  CUPS (Código Universal do Punto de Subministración), o DNI do titular ou o número de contador (datos que podes localizar en calquera facutra) e o valor da lectura a facilitar.

  • Nedgia: 900 770 770
  • Redexis Gas: 800 760 577
  • Nortegas: 900 902 934
  • Madrileña Red de Gas: 900 373 709
  • Gas Extremadura: 900 649 416

Importante: só debes indicar os cinco números que están á esquerda de cómaa.

3. Formulario web

Do mesmo xeito que por teléfono, a través da web tamén se solicita o DNI do titular, o CUPS  e/ou o nº do contador. Nalgúns casos tamén se solicita o número de contrato e correo electrónico. Unha vez cuberto o formulario web e facilitada a lectura, os datos quedan rexistrados no sistema.

4. A XENERA (se somos a túa comercializadora de gas)

Se estás dentro de prazo, tamén tes a posibilidade de indicarnos a nós a lectura do teu contador e encargámonos de comunicarlla á túa distribuidora.


Xa ves que hai moitas posibilidades para achegar a lectura do teu contador. Cóntanos, cal é a opción que máis utilizas?

Comparte:
CATEGORÍAS: gas natural

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *