Impulsamos a innovación enerxética e a sostibilidade apoiando a Bioo

bioo

En XENERA apostamos polas innovacións enerxéticas e impulsamos as enerxías renovables. Mediante un financiamento de capital, damos apoio a Bioo, unha empresa innovadora que consegue xerar electricidade directamente da terra, así como transformar as plantas en interruptores biolóxicos, que activan luz ou son con só tocar unha folla.

Grazas as achegas económicas de empresas como XENERA é posible levar a cabo proxectos sostibles como este, que apuntan a un futuro mellor para todos. Contámoscho no vídeo. Dálle ao play!

“En XENERA temos claro que apoiar o medio ambiente é importante e necesario. Apostamos pola sostibilidade. Esta aposta lévanos a colaborar con empresas como Bioo, que desenvolve innovacións tecnolóxicas. Basicamente o que fan é conseguir xerar electricidade directamente da terra. Converte, dalgunha maneira, as plantas en interruptores biolóxicos. Facendo posible que tocando unha folla se ilumine unha lámpada.

Hai anos en Xenera impulsamos as enerxías renovables: eólica, hidráulica, fotovoltaica…Esta colaboración con Bioo lévanos un paso máis aló. Entendemos que tódalas innovacións que está a desenvolver Bioo van ser de utilidade en diversos campos. Na agricultura, enerxías renovables, arquitectura etc. Nós queremos estar aí e apoialo.

Imaxinade, no futuro, unha vivenda que poida coller toda a enerxía directamente da terra, a través de baterías biolóxicas. Todo isto pode ser posible grazas ás innovacións de empresas como Bioo. Con esta colaboración axudamos a impulsar proxectos innovadores, que necesitan dun apoio económico.

Son proxectos a moi longo prazo, innovadores, que apuntan a un futuro mellor e que necesitan do apoio de empresas para poder levar a cabo.”

Traballemos o presente que estamos construíndo
para que se pareza ao futuro co que estamos soñando”

Esteban Luis Sánchez. Director Comercial de XENERA.

 

Que che parece que apoiemos este tipo de iniciativas?

Cremos que, dentro das nosas posibilidades como PEME, é importante que tratemos de apoiar accións para o coidado do medio ambiente 💚🌍 Un futuro sostible depende da responsabilidade de todos!

 

SORTEAMOS 5 LÁMPADAS BIOO

Sorteamos 5 lámpadas Bioo para que poidades ser dos primeiros en coñecer estas innovacións. O premio inclúe a lámpada Bioo (valorada en 198 €), cunha planta suculenta e todo o necesario para a posta en marcha.

Se queres participar no sorteo, entra nesta publicación de instagram e sigue as indicacións. Indicaremos os gañadores/as o martes 17/10/2023. Moita sorte a todos/as! 🍀

Consulta as Bases legais do sorteo.

 

 

Comparte:
CATEGORÍAS: enerxía Xenera

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *